====== Sistema operativo Ubuntu 16.04 CiTIUS ====== Instalación, mantemento e soporte técnico dun sistema operativo Ubuntu 16.04 modificado polo CiTIUS. ===== Notificacións e comunicación entre usuarios ===== Para comunicar problemas, dúbidas ou facer suxestións, empregarase a canle ''#ubuntu1604'' do Slack do CiTIUS. O sistema dispón dun applet de notificacións para novidades sobre software, actualizacións, etc. ===== Software dispoñible ===== O sistema conta con varios repositorios adicionais aos da Ubuntu 16.04, co seguinte software xa instalado por defecto: * Java 8 de Oracle * Telegram, Scudcloud (Slack) * Dropbox * Skype 4.3 * Virtualbox 5.1 Ademáis, conta cos seguintes repositorios engadidos, sen instalar o software por defecto: * R (engadido o 19-04-2017) * Docker (engadido o 01-05-2017) * Xpra (engadido o 05-03-2018) ===== Software adicional ===== Podes solicitar a instalación de software adicional ou axuda para instalar software adicional á Unidade de Xestión de Infraestruturas TIC, pero tamén podes facelo por ti mesmo se queres. ==== NVIDIA CUDA 8.0/9.1 ==== Antes de instalar CUDA 8.0/9.1, comproba que a túa gráfica sexa compatible. Se non, pode que precises instalar unha versión anterior. Segue os pasos descritos en https://developer.nvidia.com/cuda-downloads (Elixe //Linux// -> //x86_64// -> //Ubuntu// -> //16.04// -> //deb (network)//). Recorda engadir estas liñas a o teu ''~/.bashrc'' (só para o teu usuario) ou nun arquivo global chamado por exemplo ''/etc/profile.d/cuda.sh'': export PATH=/usr/local/cuda/bin${PATH:+:${PATH}} export LD_LIBRARY_PATH=/usr/local/cuda/lib64${LD_LIBRARY_PATH:+:${LD_LIBRARY_PATH}} Tras facer estes pasos, deberás reiniciar o sistema. Se tes problemas, pide axuda. ==== Matlab ==== Para instalar a versión R2012a, executa ''install-matlab_R2012a.sh'' nunha terminal, ou elixe a opción ''Instalación de Matlab 2012a'' no lanzador de aplicacións. Para instalar a versión R2018a, executa ''install-matlab_R2018a.sh'' nunha terminal, ou elixe a opción ''Instalación de Matlab 2018a'' no lanzador de aplicacións. ==== Maple ==== Para instalar a versión 17, executa ''install-maple17.sh'' nun terminal, ou elixe a opción ''Instalación de Maple 17'' no lanzador de aplicacións. ==== Docker ==== O repositorio oficial xa está engadido, polo que só resta instalar o paquete ''docker-ce''. sudo apt install docker-ce docker-compose ==== Adobe Reader 9 ==== Non se recomenda utilizar Adobe Reader en Linux, xa que non está mantido dende 2012. Aínda así, se é preciso utilizalo, pódese instalar seguindo [[https://askubuntu.com/a/805399/83068|estas instrucións]]: # Add Precise partner repository and install adobereader-enu sudo add-apt-repository "deb http://archive.canonical.com/ precise partner" sudo apt-get update sudo apt install adobereader-enu # Remove Precise partner repository for safety sudo add-apt-repository -r "deb http://archive.canonical.com/ precise partner" sudo apt update # Install optional but recommended packages sudo apt-get install gtk2-engines-murrine:i386 libcanberra-gtk-module:i386 libatk-adaptor:i386 libgail-common:i386 Por defecto, Adobe Reader 9 non asocia os arquivos PDF e para poder usalo debes primeiro abrir o Adobe Reader e logo abrir o arquivo desexado. ===== Problemas coñecidos ===== **Problema: Non funciona o Wake on Lan** Se instalaches o escritorio MATE mediante ''ubuntu-mate-desktop'', este inclúe ''tlp'', un xestor de enerxía avanzado para portátiles que, entre otras cousas, deshabilita Wake on Lan. Podes eliminar ''tlp'' ou alternativamente configurar ''/etc/default/tlp'' establecendo ''WOL_DISABLE=N''.