Estás aquí: start » centro » ubuntu-12.04-citius » screen

Uso de screen

Esta é unha revisión antiga do documento!


Uso de screen

Screen posibilita abrir unha terminal, sair dela e recuperala máis adiante, conectando dende o mesmo ou dende outro lugar.

Un uso moi común é:

  1. Lanzar unha terminal nun servidor
  2. Desconectarse do servidor
  3. Volverse a conectar ó servidor
  4. Recuperar a terminal anterior

Para conseguir isto, debemos executar primeiramente screen co seguinte comando:

screen -x -R

Traballa normalmente nesa terminal. Entón, en función do que queiras facer cando queiras sair, pulsa unha combinación de teclas ou outra:

  • Control + A + D1): Separarte (detach) sen pechar a sesión.
  • Control + D: Pechar a sesión definitivamente (equivalente a escribir o comando exit).

Cando queiras conectarte de novo a esa terminal, estando conectado a ese mesmo equipo, volve a escribir:

screen -x -R

Tamén podes conectarte dende varios sitios, non é preciso separarse nun lugar para conectarse dende outro (por exemplo, para traballar dende dous equipos ó mesmo tempo nunha mesma terminal).

Este é o uso básico de screen. Por suposto, no manual (man screen) hai información sobre todos os parámetros que pode recibir e todas as combinacións de teclas.

1)
Pulsa Control + D, levanta o dedo da D sen levantalo do Control, e entón pulsa A