===== Uso das Redes Sociais para a difusión da actividade científica ===== Cada vez é máis relevante a difusión da actividade nas redes sociais. Recoméndase: * Difundir por medio de [[https://twitter.com/home|Twitter]] as nosas publicacións relevantes e actividade destacada (participación en eventos, congresos, etc.). * Manter actualizado o noso perfil de [[https://www.linkedin.com/|Linkedin]], xa que é a primeira canle pola que normalmente se accede á nosa historia profesional. * A difusión de resultados relevantes por medio da autoproducción de contidos que pode ser publicada en [[https://www.youtube.com/|Youtube]]. De igual modo, estanse a consolidar algunhas tendencias orientadas a recoller o impacto das publicacións non orixinado unicamente polas citas dos artigos. O seguimento deste indicadores coñécese como [[https://www.revistacomunicar.com/index.php?contenido=detalles&numero=41&articulo=41-2013-05|Altmetría]]. Existen ademais diversas publicacións que evidencian o aumento do impacto que se consegue cando se incrementa o uso das redes sociais. {{:centro:comunicacion:ejemploredessociales.png?1000|}}