====== Creación e actualización de perfís científicos ====== Información sobre a creación de perfís científicos en ORCID, ResearcherID, Web of Science, Scopus e Google Scholar. ===== ORCID ===== A USC publicou unha [[https://minerva.usc.es/xmlui/bitstream/handle/10347/13791/guia_orcid_set_2017.pdf?sequence=5&isAllowed=y|Guía para crear e completar un rexistro en ORCID]], na que se pode consultar o procedemento para dar de alta unha conta, engadir publicacións e importalas dende outras redes como Scopus, ResearcherID ou Google Scholar. ===== Scopus ===== Scopus permite a procura do perfil de usuario por apelido e código ORCID. Mediante a funcionalidade "Edit profile" pódense buscar artigos para engadir ao perfil ou exportar os resultados, incluindo o formato FECYT CVN. {{:centro:comunicacion:scopus.png?400|}} ===== ResearchID ===== ResearchID permite a xestión dos pefís de investigación de Web of Science. Neste momento a xestión do perfil de Web of Science faise coa ferramenta [[https://publons.com/ | Publons]]. Esta ferramenta permite a xestión de publicación do pefil, a exportación do pefil, o seguimento de citas e a xestión de revisións por pares. ===== Google Scholar ===== Google permite a [[https://scholar.google.com/citations?view_op=new_profile | creación de perfís]] sempre que se dispoña dunha dirección de Gmail. Pódense engadir publicacións no seguinte menú. {{:centro:comunicacion:scholar.png?400|}} ===== Research Gate ===== [[https://www.researchgate.net/|Researh Gate]] é unha rede de investigadores que permite compartir os nosos artigos e conta con moitas outras funcionalidades. Aconséllase subir os artigos en formato //preprint// para non entrar en conflicto coas políticas de compartición de artigos das diferentes editoriais.