O CiTIUS conta con dous botiquíns ao dispor de todo o persoal do centro, situados na conserxería e no Laboratorio de Instrumentación. En cada botiquín hai unha folla de control na que as persoas que precisen empregalo deberán anotar: * Nome do usuario e data de emprego do botiquín * Lesión e causa da mesma * Material empregado * Outras observacións que consideren oportunas Esta folla cubrirase a efectos de levar un control do material empregado de cara a poder repoñer o material que sexa preciso. ===== Contido do botiquín ===== * 1 botella de auga osixenada * 1 povidona iodada de 50ml. * 1 paquete de algodón de 25 grs. arroiado * 1 caixa de bandas adhesivas de 10 unidades * 1 caixa de bandas protectoras de 1m. x 6cm. * 1 pinza de disección de 11cm. * 1 tesoira cirurxía 11cm. * 2 vendas de 5m. x 5cm. * 2 vendas de 5m. x 7cm. * 1 venda de 5m. x 10cm. * 3 sobres de gasas de 5 unidades (20 x 20cm.) * 1 esparadrapo de 5m x 2,5cm. * 2 pares de luvas de latex * 1 botella de alcol de 250cc. * 5 soros fisiolóxicos 5ml. * 1 venda elástica Crepe de 4m. x 5 cm * 1 caixa de ibuprofeno * 1 caixa de paracetamol ===== Que facer en caso de: ===== **Feridas leves:** ^ Que facer^ Que non facer ^ | Lavar a ferida con abundante auga e xabón | Non empregar alcol | | Secar con gasas estériles | Non secar con algodón | | Aplicar desinfectante (betapovidona) | Non empregar cremas nin pomadas | | Cubrir a ferida cun apósito | | **Feridas graves:** ^ Que facer^ Que non facer ^ | Controlar a hemorraxia mediante compresión | Non empregar desinfectantes| | Non extraer corpos extranos | Non aplicar ningún tipo de crema| | Non manipular a ferida | Non empregar algodón| | Colocar un apósito ou gasa húmida | | **Golpes e contusións:** ^ Que facer^ Que non facer ^ | Aplicar frío local| Non mover ningunha articulación, se a contusión produciuse na mesma| | Retirar obxectos (aneis, reloxo etc.)| | | Aplicar vendaxe compresivo se hai hinchazón| | **Queimaduras:** ^ Que facer^ Que non facer ^ | Aplicar auga fría, abundante e durante cando menos 15-20 minutos| Non reventar as bochas| | Aplicar panos humedecidos con soro fisiolóxico| Non empregar pomadas| **Corpos extranos oculares:** ^ Que facer^ Que non facer ^ | Lavar con auga limpa ou soro fisiolóxico| Non manipular o corpo extrano| | Cubrir o ollo con gasas húmidas e fixar con esparadrapo| Non empregar ningún tipo de colirio ou pomada| | | Non intentar extraer|