====== Comisión de igualdade ====== A //Comisión de Igualdade do CiTIUS// ten por **obxectivo principal** velar polo principio de igualdade en toda a actividade do CiTIUS e particularmente nos seguintes ámbitos: * Perspectiva de xénero en todas as fases da actividade investigadora * Procesos de selección e contratación de persoal * Promoción e desenvolvemento da carreira profesional * Condicións laborais e conciliación corresponsable * Formación en materia de igualdade * Cultura organizativa de igualdade ===== Composición ===== * [[https://citius.gal/team/paula-lopez-martinez|Paula López Martínez]], Coordinadora e investigadora vinculada * [[https://citius.gal/team/diego-cabello-ferrer|Diego Cabello Ferrer]], investigador vinculado * [[https://citius.gal/team/natalia-seoane-iglesias|Natalia Seoane Iglesias]], investigadora vinculada * [[https://citius.gal/team/alvaro-ordonez-iglesias|Álvaro Ordóñez Iglesias]], investigador colaborador * [[https://citius.gal/team/cristina-carbajal-perez|Cristina Carbajal Pérez]], investigadora predoutoral * [[https://citius.gal/team/marcos-fernandez-pichel|Marcos Fernández Pichel]], investigador predoutoral * [[https://citius.gal/team/maria-tenorio-miranda|María Tenorio Miranda]], técnica da Unidade de Xestión do Coñecemento e a Transferencia ===== Plans de igualdade ===== [[https://citius.gal/files/03a_Plan_de_Accion_Igualdad_Oportunidades_CiTIUS.pdf|Plan de Acción en Igualdade de Oportunidades 2022-2023 do CiTIUS]] [[https://dx.doi.org/10.15304/op.2021.1420|III Plan Estratéxico de Igualdade de Oportunidades entre mulleres e homes da USC 2021-2024]] ===== Guías lingüísticas ===== A USC publicou unha guía de linguaxe non sexista: [[https://www.usc.gal/export9/sites/webinstitucional/gl/servizos/oix/descargas/linguaxe_non_sexista_publicado_WEB_USC.pdf|Criterios de linguaxe non sexista]] ===== Conciliación ===== A USC promove servizos para fomentar a conciliación corresponsable e compatibilizar a vida laboral e familiar. Estas iniciativas están dirixidas a toda a comunidade universitaria: * [[https://www.usc.gal/gl/servizos/unidades/escola-infantil-breogan|Escola Infantil Breogán]], dirixida a nenas e nenos de 0-3 anos. A súa liña pedagóxica está baseada na afectividade, na observación, na experimentación e no xogo a través dun proxecto educativo integral. * Campus de Verán, cun programa de actividades deportivas e de lecer dirixido a nenas e nenos de 4-17 anos durante as derradeiras semanas de xuño, o mes de xullo e comezos de setembro. ===== Permisos por xestación, nacemento e coidado de menores ===== A USC conta cunha serie de permisos retribuídos de xestación, nacemento, adopción ou acollemento de menores: * **Permiso por xestación** a partir do día 1º da semana 37 de embarazo ata o parto. En xestación múltiple a partir do día 1º da semana 35. * **Permiso de maternidade, adopción ou acollemento** de 22 semanas por parto, das que obrigatoriamente 6 serán inmediatamente posteriores ao parto a xornada completa. As 16 semanas restantes poderanse desfrutar en calquera momento a xornada completa ou parcial durante o primeiro ano de vida do bebé. Deberán collerse en bloques de mínimo 1 semana avisando con 15 días de antelación. * **Permiso para o outro proxenitor por nacemento, adopción ou acollemento** de 16 semanas intransferibles, das que obrigatoriamente 6 serán inmediatamente posteriores ao parto e a xornada completa. As 10 semanas restantes poderanse desfrutar en calquera momento a xornada completa ou parcial durante o primeiro ano de vida do bebé. Deberán collerse en bloques de mínimo 1 semana avisando con 15 días de antelación. * **Permiso de lactación** por filla ou fillo menor de 12 meses: 1 hora de ausencia ao traballo, que se poderá dividir en 2 fraccións. Poderá substituírse por un permiso que acumule en xornadas completas o tempo correspondente ou por un crédito de horas a aproveitar en calquera momento despois do goce do permiso de maternidade. Para calquera dúbida relativa aos permisos, podes preguntar en Secretaría a [[https://citius.gal/team/pilar-martinez-carou|Pilar Martínez Carou]]. ===== Protocolo da USC en materia de acoso ===== A USC conta cun Protocolo de prevención e actuación fronte ao acoso sexual e o acoso por razón de sexo, orientación sexual e identidade de xénero, que se pode consultar neste [[https://pro-assets-usc.azureedge.net/cdn/ff/8eGsG7virAcHO5027yrE70iJK9_mkc3YiJomc7uy6O4/1671785179/public/paragraphs/more_info_service/2022-12/Protocolo-antiacoso-aprobado-web.pdf|enlace]]. Existe un [[https://sede.usc.es/sede/publica/catalogo/procedemento/98/ver.htm|procedemento de denuncia]] de acoso e un [[https://sede.usc.es/formularios/solicitudes/denunciaAcoso.htm|formulario de denuncia]] a través da sede electrónica da USC. ===== Contacto ===== Para calquera suxerencia ou consulta, pódese contactar con calquera dos membros da Comisión de Igualdade do CiTIUS. A USC tambén conta cunha [[https://www.usc.gal/es/servicios/area/igualdad|Oficina de Igualdade de Xénero da USC]]: * Dirección: Pabellón Estudiantil, Rúa de Lope Gómez de Marzoa, 4. Campus Vida, 15705 Santiago de Compostela * Teléfono: 881 811 310, 881 811 309 * E-mail: oix@usc.gal