====== Maker Lab ====== O Maker Lab é un espazo de uso común que ten por obxectivo convertir en tanxibles ideas que requiran crear e construir obxectos físicos, coas medidas de seguridade axeitadas, facendo uso das ferramentas e os postos de traballo adaptados que se proporcionan. Este espazo conta con varios bancos de traballo fixos e móbiles, ferramentas de taller variadas (como desparafusadores, alicates, limas, serras...), funxible de electrónica e ferrallería (parafusos, noces, cables, pequenos componentes electrónicos, Arduinos...), maquinaria especializada (impresoras 3D de filamento, de resina e fresadora CNC) e o equipamento de protección necesario para o seu uso. ===== Solicitude de acceso ===== Para ter acceso ao Maker Lab, é preciso [[https://nextcloud.citius.usc.es/apps/forms/SxyNHXpb5enDx3wJ|enviar unha solicitude de acceso]] aceptando as condicións, que inclúen o cumprimento estrito das normas de convivencia do espazo e das medidas de seguridade indicadas para cada actividade. ===== Normativa ===== ==== Normas de convivencia ==== - É preciso [[https://t.me/+SU-N8fCe0DxmMWJk|unirse ao grupo de Telegram do Maker Lab]] para facilitar a coordinación. - Só poden acceder ao espazo as persoas autorizadas. As persoas autorizadas poden consultar a listaxe completa [[https://nextcloud.citius.usc.es/apps/onlyoffice/68409695?filePath=%2FMakerLab%2FAcceso.xlsx|a través do cartafol de Nextcloud]]. - O material e as instalacións deben utilizarse seguindo as normas de seguridade e as indicacións enlazadas nesta wiki e nos carteis dispostos no mesmo espazo de traballo. - As ferramentas e o material funxible teñen un lugar asignado que está debidamente etiquetado. Ao rematar o seu uso, debes devolvelos ao seu sitio. - As ferramentas son para uso exclusivo dentro das instalacións do Maker Lab. En caso de ter un bo motivo para sacar de alí algunha ferramenta, debe [[https://t.me/c/1897074984/3|notificarse no tema de Telegram correspondente]]. - En caso de atopar material deteriorado, fora do seu sitio ou detectar que falta, debe [[https://t.me/c/1897074984/3|notificarse no tema de Telegram correspondente]], con fotos en caso de ser relevante. - As superficies de traballo deben manterse libres dentro do posible. Os usuarios do Maker Lab poden asignarse un cubículo no Armario de Proxectos (armario nº 3) onde deixar as súas cousas. - É preciso facer unha reserva previa das ferramentas clasificadas como maquinaria especializada (impresoras 3D, CNC, etc.) usando a [[https://apps.citius.usc.es/reservas/Web/schedule.php?sid=7&clearFilter=1&SUBMIT=true|aplicación de reservas]]. - Cando estea reservado o Plató Virtual, non será posible utilizar ferramentas que emitan ruído ou vibracións, e debe consultarse a descrición da [[https://apps.citius.usc.es/reservas/Web/schedule.php?resourceId[]=36=&sid=7|reserva do Plató Virtual]] por se tivesen algunha necesidade especial ao respecto. - En caso de facerse unha revisión significativa das normas de convivencia, deben volver a aceptarse. Notificarase a todas as persoas interesadas con antelación suficiente. //(última actualización 15/02/2023)// ==== Normas de seguridade ==== - O Maker Lab conta con gafas de protección, roupa de traballo e guantes de seguridade de uso común, así coma guantes, protectores de pelo e calzado desvotables. - Os usuarios e usuarias habituais poden solicitar gafas de protección, roupa de traballo ou guantes de seguridade de uso individual [[https://nextcloud.citius.usc.es/apps/forms/4XtkranZBBNWCcQc|enviando o seguinte formulario]]. Este material debe gardarse no Armario de Seguridade (debaixo da pantalla) debidamente etiquetado. - As ferramentas deben utilizarse seguindo as indicacións de seguridade do fabricante, as indicacións enlazadas nesta wiki e nos carteis dispostos no mesmo espazo de traballo. - As ferramentas clasificadas como maquinaria especializada (impresoras 3D, CNC, etc.) requiren dunha habilitación específica antes de poder ser utilizadas, debido á complexidade no seu uso e ás súas normas de seguridade. A listaxe de persoas autorizadas para o uso destas ferramentas pode ser consultada por todas as persoas con acceso [[https://nextcloud.citius.usc.es/apps/onlyoffice/68409695?filePath=%2FMakerLab%2FAcceso.xlsx|a través do cartafol de Nextcloud]]. - En caso de facerse unha revisión significativa das normas de seguridade, deben volver a aceptarse. //(última actualización 15/02/2023)// ===== Instalacións e material dispoñibles ===== ==== Ferramentas ==== * Ferramentas no panel portaferramentas: * Chaves de parafusos de varios tipos * Alicates universais, de corte lateral, de punta * Pico de loro * Martelo * Limas para madeira e metal * Tesoiras * __(Falta-Comprar)__ Mazo * __(Falta-Comprar)__ Chaves inglesas * __(Falta-Comprar)__ Xogo de chaves fixas * __(Falta-Comprar)__ Xogo de chaves allen * Ferramentas no armario metálico de ferramentas: * [[https://eu.worx.com/es-es/taladro-atornillador-20v-sin-bateria-ni-cargador-wx101-9/|Taladro desparafusador a batería WORX]] - [[https://nextcloud.citius.usc.es/f/67202990|Manual de uso e seguridade]] * [[https://eu.worx.com/es-es/sierra-de-calar-20v-sin-bateria-ni-cargador-wx543-9/|Serra de calar a batería WORX]] - [[https://nextcloud.citius.usc.es/f/67556812|Manual de uso e seguridade]] * [[https://www.dremel.com/us/es/p/3000-f013300000|Dremel 3000]] - [[https://nextcloud.citius.usc.es/f/67202987|Manual de uso e seguridade]] * [[https://www.dremel.com/us/es/p/2200-01-f0132200aa|Soplete soldador de gas Dremel VersaFlame]] - [[https://nextcloud.citius.usc.es/f/67202991|Manual de uso e seguridade]] * Caixa de ingletes para cortes * Serra de man para madeira * Serra de man para metal * Pistola para cola termofusible * Cortador (//cutter//) e táboa de corte milimetrada de tamaño DIN A3 * Multímetro * Pelacables * Calibre electrónico * Ferramentas fixadas nas mesas de traballo: * Flexo con lupa * Parafuso de mesa * Ordenador portátil para facilitar o uso da maquinaria especializada. ==== Funxible de electrónica e ferrallería ==== * Microcontroladores (Por razons de inventariado, é preciso notificar polo grupo de Telegram o emprego destes compoñentes) * 3 Particle Boron LTE * 5 ELEGOO UNO R3 * 2 Arduino UNO * 2 BQ Zum BT-328 * 2 Raspberry Pi Zero W * 1 Raspberry Pi4 e carcasa * 1 Particle PHOTON 2020 * Sensores e actuadores para Arduino e outros microcontroladores * Leds de varios tipos e laser * Infrarojos * Botons e joystics * Ultrasonidos * Altofalantes, micrófonos e buzzers * Potenciómetros/reguladores * Sensores de temperatura e humidade * Sensores de luz * Drivers de motor * Outros sensores de diversos tipos * Servos: * Tower pro micro servo 9G SG90 * Tower pro SG-5010 * PRO MG 995 DIGI HI-SPEED * Outros servos soltos de diferentes tipos * Placas de prototipado (//protoboards//) * Cables de prototipado con conectores DuPont de varios tipos * Cables mini USB e micro USB * Displays LCD Keypad shield e outros tipos * Lectores de NFC para Arduino * Lectores de NFC de sobremesa (USB) * Displays de 7 segmentos * Pequenos componentes electrónicos variados (leds, resistencias, condensadores, sensores, relés, diodos, transistores...) * Tornillería variada * Bridas ==== Maquinaria especializada ==== Para empregar a seguinte maquinaria especializada é obrigatorio cursar unha formación específica para habilitación que debe solicitarse [[https://nextcloud.citius.usc.es/apps/forms/rkA9HM2antA6mETG|a través deste formulario]]. Ademáis, cada vez que se utilicen é preciso facer unha reserva previa na [[https://apps.citius.usc.es/reservas/Web/schedule.php?sid=7|aplicación de reservas]]. * [[https://www.makergal.es/product-page/mendel-max-xl-v6|Impresora 3D Mendel Max XL V6]] * [[https://nextcloud.citius.usc.es/s/NExxwo9czaKY33N|Guía esencial de uso e seguridade]] \\ \\ * [[https://www.prusa3d.com/es/producto/impresora-3d-original-prusa-i3-mk3s-3/|Impresora 3D Original Prusa i3 MK3S+]] * [[https://nextcloud.citius.usc.es/s/wbQXMibtLXNpncD|Guía esencial de uso e seguridade]] * [[https://nextcloud.citius.usc.es/f/67202989|Manual completo do fabricante]] \\ \\ * [[https://www.anycubic.es/products/photon-mono-x|Impresora 3D de resina Anycubic Photon Mono X]] * [[https://nextcloud.citius.usc.es/s/4B95Hi2Ba3eTTyC|Guía esencial de uso e seguridade]] * [[https://nextcloud.citius.usc.es/f/67202988|Manual completo do fabricante]] \\ \\ * [[https://shop.stepcraft-systems.com/CNC-Router-M500-Construction-Kit_1|Fresadora CNC StepCraft M.500]] * Guía esencial de uso e seguridade //(en construcción)// * [[https://nextcloud.citius.usc.es/f/67571174|Manual completo do fabricante]] \\ \\ ===== Máis información ===== As persoas con acceso ao Maker Lab teñen á súa disposición un [[https://nextcloud.citius.usc.es/f/67193687|cartafol compartido en Nextcloud]] con máis información, incluíndo manuais, arquivos adicionais e unha listaxe de todas as persoas con acceso ao espazo.