====== Acendido e apagado remoto de equipos ====== ===== Descrición do servizo ===== Acendido (e apagado) de equipos de forma remota mediante web. Con este servizo, non é necesario que deixes prendido o teu equipo se pensas que podes necesitar facer uso del pola noite, no fin de semana ou durante unha estancia fóra. Para que o sistema de acendido funcione o equipo debe ter o **Wake on Lan** activado. Moitos dos equipos xestionados pola Unidade de Xestión de Infraestruturas TIC xa o teñen habilitado, pero recomendamos probar se funciona a primeira vez. ===== Acceso ó servizo ===== O servizo está accesible mediante a URL https://apps.citius.usc.es/wakeonlan/. ===== Manual de usuario ===== Aparecerá o listado dos equipos que tes permitido apagar ou acender, xunto co seu estado actual. Os equipos que aparecerán serán o teu propio equipo (máximo un equipo por roseta), e os servidores que teñan apagado automático, poidan ser acendidos mediante este sistema e teñas acceso concedido. {{ :centro:servizos:wakeonlan_1.png?nolink |}} Segundo o estado de cada equipo, podes acender ou apagar o equipo: * Indicador apagado (gris): O equipo está apagado, podes acendelo pulsando o botón. Non hai forma de detectar se o equipo acende ou non correctamente ata que arranque, polo que a aplicación esperará un minuto antes de volver a intentar ver o estado do equipo, e entón volverá a consultalo. Se o equipo permanece apagado (gris) seguramente o equipo teña desactivado o Wake on Lan na BIOS ou na tarxeta de rede. * Indicador acendido (azul estático): O equipo está acendido, podes apagalo pulsando o botón. Só se poden apagar mediante este sistema os equipos con Ubuntu 18.04 do CITIUS. O resto dos equipos recibirán un error ó intentar apagalos. Os servidores con apagado automático non se poden apagar manualmente, e o botón aparecerá sombreado. * Indicador traballando (azul en movemento): O equipo está sendo acendido ou apagado neses momentos, e non podes facer nada. O indicador estará neste estado durante un minuto e medio tras acender ou apagar o equipo. O apagado só está soportado nos sistemas co sistema operativo **Ubuntu 18.04 do CiTIUS**. Preme no botón ''Logout'' para pechar sesión na aplicación. ===== Cambios ===== ==== Versión 1.3 ==== * Soporte de apagado para Ubuntu 18.04. ==== Versión 1.2 ==== * Recoñece o login da páxina principal do centro http://citius.usc.es/, de forma que ó estar logeado alí non é necesario volver a logearse. * 1.2.3: Utiliza directamente o formulario de login do centro en caso de non estar logeado. ==== Versión 1.1 ==== * Se o equipo non se pode apagar nin acender, non aparece no listado. * Se o equipo non se pode apagar, non aparece o botón de apagar. * Se o equipo non se pode acender, non aparece o botón de acender. ===== Preguntas frecuentes ===== ==== Tras premer no botón de acendido, aparece o indicador azul en movemento e despois volve ó indicador de apagado ==== Esto pode ser debido a varias causas: * O equipo está atascado nalgunha secuencia de arranque (BIOS, menú do Grub, etc.) e require intervención manual. * O equipo non está conectado á rede. * O equipo non está correctamente configurado para Wake on lan. Pode pasar a primeira vez que probes a ferramenta. Avisa á Unidade de Xestión de Infraestruturas TIC en [[citius.tic@usc.es]] para que lle boten unha ollada á configuración do teu equipo. ==== Tras premer no botón de acendido, aparece o indicador azul en movemento, despois volve ó indicador de apagado durante uns segundos e despois aparece o indicador de acendido ==== O sistema non ten forma de comprobar se o equipo está acendendo de verdade, polo que tras enviar o sinal de acendido, agarda un minuto e medio antes de volver mostrar o estado real. Se pasado ese minuto e medio o equipo aínda non acendeu, pero remata máis tarde, é posible que o indicador volva ó estado de apagado durante uns segundos e, unha vez acendido, apareza finalmente o estado correcto. ==== Tras premer no botón de apagado, aparece o indicador azul en movemento e despois volve ó indicador de acendido ==== Isto pode ser debido a que o sistema quedou atascado nalgunha secuencia de apagado e requira intervención manual. ==== O botón de acendido/apagado aparece sombreado e non podo pulsar nel ==== Algúns equipos non se poden apagar ou acender, e estando acendidos ou apagados terán o botón deshabilitado, dependendo das accións que estean permitidas. ==== Non aparece o meu equipo na lista de equipos que podo acender/apagar ==== Avisa á Unidade de Xestión de Infraestruturas TIC en [[citius.tic@usc.es]]. Os equipos asígnanse manualmente e é posible que haxa algún erro.