====== Acceso aos servizos do CESGA ====== O CiTIUS **non oferta** estes servizos, só **facilita información** sobre o proceso de alta para os investigadores do centro. ===== Servizos dispoñibles ===== * [[https://www.cesga.es/infraestructuras/computacion/|FinisTerrae 3]]. Sistema de computación baseado en procesadores Intel Xeon Ice Lake, con 256 nodos de cómputo "thin", 68 nodos con GPUs nVidia A100 e 17 "fat" nodes. * [[https://cesga.es/es/infraestructuras|Máis servizos]] * [[ https://cesga-docs.gitlab.io/ft3-user-guide/index.html| Guía de uso do FinisTerrae 3]] ===== Alta de usuario ===== 1. Accede ó [[http://altausuarios.cesga.es/|formulario de altas]]. 2. Cubre os teus datos de nome, apelidos, DNI, teléfono e área principal de investigación. Especifica tamén os seguintes datos: * Institución: //Universidade de Santiago de Compostela// * Centro: //CITIUS// * Departamento: //CITIUS// * Responsable departamento/grupo: //Senén Barro Ameneiro// * Dirección: //Rúa Jenaro de la Fuente s/n// 3. Le as condicións de uso e envía o formulario. 4. Recibirás un primeiro correo electrónico cunha ligazón de confirmación. Debes premer nela. 5. Despois duns minutos, recibirás un segundo correo cun formulario en PDF. Debes imprimilo, firmalo e levalo á secretaría do CiTIUS. A secretaría encargarase da firma do responsable e de envialo ó CESGA. 6. Despois duns poucos días, recibirás o teu usuario e contrasinal, normalmente por unha chamada de teléfono. 7. Ao tempo, recibirás un correo electrónico cunha carta de benvida que invita a facer un primeiro inicio de sesión e completar un formulario de xeito obrigatorio. 8. Tras enviar o formulario, recibirás un novo correo electrónico en poucas horas confirmando que a conta está activa. 9. Entra por SSH a ''ft3.cesga.es''. Por exemplo: ''ssh usccixxx@ft3.cesga.es''. Unha vez dentro, debes cambiar o contrasinal. 10. Unha vez cambiado o contrasinal, xa podes logearte sen problemas no [[https://portalusuarios.cesga.es/|portal de usuarios]].