====== Instalar drivers de Virtio en Windows XP ====== Na interface de Cloudstack, preme no botón {{:centro:servizos:cloud:screenshot_from_2017-01-10_16_45_37.png?nolink|}} e anexa a ISO **Windows All Virtio Drivers**. Ó arrincar a imaxe a primeira vez e rematar a configuración, aparecerá un diálogo de asistente de novo hardware. En caso contrario ou en caso de ter xa ignorado este diálogo: - Accede a //Inicio// > //Configuración// > //Panel de Control// - Abre //Sistema// - Na pestaña //Hardware//, preme en //Administrador de dispositivos// - En //Otros dispositivos// > //Controladora SCSI// fai clic dereito e preme en //Actualizar Controlador...// No diálogo de asistente de hardware: - Elixe //No por el momento// e pulsa Siguiente - Elixe //Instalar desde una lista o ubicación específica// e pulsa Siguiente - Asegúrate de que está marcado //Buscar en medios extraíbles// e pulsa Siguiente Unha vez rematado o proceso, os discos adicionais xa deberían aparecer no administrador de discos. Ten en conta que os discos non teñen formato por defecto, e precisas usar o administrador de discos para formatealos e asignarlles unha letra de unidade.