====== Espazo na wiki ====== Espazo na wiki dirixido a grupos de traballo de persoal do centro. Os espazos permiten a creación dun número indefinido de páxinas a partires dun espazo de nomes, do seguinte xeito: * ''http://wiki.citius.usc.es/nomedoespazo'' * ''http://wiki.citius.usc.es/nomedoespazo:subpaxina'' * ''http://wiki.citius.usc.es/nomedoespazo:subpaxina:outra_subpaxina'' Estas páxinas poden ser de acceso público ou ter o acceso restrinxido segundo se requira. ===== Alta no servizo ===== Calquera investigador do centro pode solicitar a creación dun novo espazo na wiki mediante o [[https://old.citius.usc.es/uxitic/incidencias/add|formulario de peticións e incidentes]]. Débese especificar o nome para o espazo da wiki, que só pode conter letras minúsculas, números e algúns símbolos, pero non espazos. ===== Manual de usuario ===== ==== Permisos de acceso ==== Os permiso de acceso poden xestionarse directamente a través da wiki. Por defecto só os pode modificar a persoa que solicitou a wiki. Se se desexa que alguén máis poida modificalos, débese solicitar. === Espazo ACL: Onde se gardan os permisos === O espazo ''acl'' é un espazo especial da wiki que garda os permisos de acceso, que sempre son públicos (isto quere dicir que calquera pode ver quen ten acceso a unha wiki). Os permisos do espazo ''nomedoespazo'' gárdanse en ''acl:nomedoespazo:start''. Polo tanto, para modificar os permisos de ''http://wiki.citius.usc.es/nomedoespazo'' debes acceder a ''http://wiki.citius.usc.es/acl:nomedoespazo:start''. Tamén se poden especificar permisos para páxinas concretas, por exemplo, os permisos da páxina ''nomedoespazo:exemplo'' gárdanse en ''acl:nomedoespazo:exemplo''. Se no canto dunha páxina é un subespazo, débese engadir '':start'' ó final. === Como especificar os permisos === Por defecto, se non se especifica ningún permiso, todas as páxinas son públicas (todo o mundo pode ler o contido) e non editables. Ó crear unha nova wiki, o administrador establece permisos de edición para a persoa que o solicite e segue as indicacións do solicitante para establecer permisos adicionais. Os permisos especifícanse un por liña, do seguinte xeito: X:nome.de.usuario * Sendo ''X'' unha letra que representa o permiso: **N**ingún, lectura(**R**), **E**dición, escritura(**W**)((Edición non pode crear e borrar páxinas, mentres que escritura si)). * O ''nome.de.usuario'' pode ser un nome de usuario ou os nomes dos grupos ''@ALL'' ou ''@user'', que representan a todos os usuarios e ós usuarios identificados, respectivamente. Cando os permisos procésanse correctamente, aparecen recollidos dentro dun recadro gris. Se algún permiso non se procesa correctamente, aparece fóra do recadro gris. == Exemplo == Os seguintes permisos só deixan acceder ós usuarios rexistrados con permiso de lectura, e só poden escribir nel os usuarios ''usuario.un'' e ''usuario.dous''. O usuario ''usuario.tres'' non pode acceder. N:@ALL R:@user W:usuario.un W:usuario.dous N:usuario.tres