====== Mensaxería instantánea ====== ===== Descrición do servizo ===== Mensaxería instantánea mediante un protocolo de mensaxería libre (XMMP/Jabber). Esta mensaxería pode utilizarse dende dispositivos móbiles ou dende múltiples clientes de escritorio, coma Pidgin ou Empathy, **tanto dende fóra coma dende dentro da rede do centro**. Tamén pode usarse cun cliente web. ===== Alta no servizo ===== A alta no servizo é automática, non precisas facer nada. O nome de usuario e contrasinal son os da identificación CiTIUS. Se tes problemas recordando o usuario ou o contrasinal, podes solicitar unha reactivación en [[citius.tic@usc.es]]. ===== Axuda ===== ==== Configuración en Pidgin (Windows, Ubuntu) ==== [{{ :centro:servizos:pidginconfig.png?nolink|Configuración en Pidgin}}]Se xa estás a utilizar Pidgin para outras contas, deberás seguir as instrucións aquí descritas. En caso contrario, a primeira vez que o abras xa se abrirá automaticamente un diálogo para engadir contas e non serán necesarios os dous primeiros pasos. - Accede a //Cuentas// » //Gestionar cuentas//. - Na nova ventá, preme en //Añadir...// - Na pestana //Básica//, selecciona //Protocolo XMPP// e cubre os datos como poden verse na figura. //Dominio// sempre debe ser ''citius.usc.es''. - Por último, pulsa en //Añadir// e en //Cerrar// para volver á fiestra principal de Pidgin. Se recibes o erro //No autorizado// débese a que non introduciches ben o contrasinal ou o nome de usuario. Pulsa en //Modificar cuenta//, volve introducir o contrasinal correctamente e pulsa en //Guardar//. Entón volve habilitar a conta accedendo a //Cuentas// » //Habilitar Cuenta// » ////. ==== Configuración en Empathy (Ubuntu) ==== [{{ :centro:servizos:empathyconfig.png?nolink|Configuración no asistente de Empathy}}]Se é a primeira vez que accedes a Empathy, abrirase un asistente para introducir unha conta nova. Neste diálogo: - Selecciona //Sí, introduciré ahora los detalles de mi cuenta// e preme //Adelante//. - Selecciona //Protocolo Jabber// e cubre os datos como se indica na figura. Neste caso, despois do nome de usuario debe engadirse ''@citius.usc.es'' porque non hai unha opción para cubrir o dominio. - Preme en //Aplicar//. Se non é a primeira vez que accedes a Empathy, debes facer o seguinte: - Accede a //Editar// » //Cuentas//. - Preme en //Añadir...// - Cubre os datos de xeito similar ó que se indica na figura anterior. Neste caso tamén debe engadirse ''@citius.usc.es'' ó nome de usuario. Se pregunta, debe seleccionarse a opción //Esta cuenta ya existe en el servidor//. - Preme en //Iniciar sesión//. Se recibes o erro //Falló la autenticación//, débese a que non introduciches ben o contrasinal ou o nome de usuario. Preme no botón de Editar, corrixe os datos e preme en //Aplicar//. ==== Configuración en Xabber (Android) ==== [{{ :centro:servizos:2013-04-18_12.15.24.png?direct&160|Configuración en Xabber}}][[http://www.xabber.com/|Xabber]] é un cliente de mensaxería libre para Android. A primeira vez que o arrinques convidará a engadir unha conta. Só tes que introducir o usuario e o contrasinal, e premer en //Añadir cuenta//. Se non é a primeira vez que accedes a Xabber, tes que acceder a //Opciones// premendo no botón menú (Android 2.x) ou na barra de accións (Android 3 e superiores), seleccionar a opción //Cuentas XMPP// e premer en //Añadir cuenta//. ==== Configuración noutros clientes de mensaxería ==== Estes son os datos que precisas para acceder á mensaxería dende outros clientes: * Usuario e contrasinal: Correspóndense ós da identificación CiTIUS. * Servidor: ''citius.usc.es'' * Porto: ''5222'' * Cifrado: Soporta TLS, mais non está requirido. * SSL antigo: ''Non'' ==== Erros da certificación SSL ==== [{{ :centro:servizos:pantallazo-verificacion_de_certificado_ssl.png?nolink|Erro de certificado en Pidgin}}]A certificación SSL está expedida por TERENA. Debes engadir a [[http://crt.comodoca.com/UTN-USERFirst-ClientAuthenticationandEmail.crt|certificación raíz de TERENA]], a autoridade certificadora, ao teu cliente de mensaxería, para non recibir advertencias sobre a invalidez da certificación. Este procedemento cambia segundo o cliente de mensaxería, e non é obrigatorio, polo que podes sinxelamente ignorar o aviso sobre a certificación e confiar nela. Para maior seguridade, podes comprobar manualmente que o fingerprint da certificación coincide co da [[https://citius.usc.es/|web do CITIUS]]. Firefox si dispón do certificación raíz axeitada, polo que reportará a certificación como válida. - Accede a //Cuentas// » //Gestionar cuentas//. ==== Establecer información de usuario (nome, avatar...) en Pidgin ==== Se queres que o resto dos contactos vexan o teu nome en lugar da dirección de Jabber (JID), ou establecer unha fotografía (avatar) tes que seguir os seguintes pasos: Para establecer o nome e outros detalles opcionais: - Accede a //Cuentas// » //nombre.usuario@citius.usc.es/Recurso (XMPP)// » //Establecer su información de usuario...// - Alí, cubre os datos que se queiran facer públicos. O nome que lle aparecerá ó resto dos contactos é o //Apodo//. - Por último, preme en //Guardar//. Para establecer un avatar: - Preme na icona da parte inferior dereita da fiestra //Lista de amigos//, e selecciona unha imaxe que teñas descargada no teu ordenador. ==== Cliente web ==== O cliente web está accesible en [[http://talk.citius.usc.es/]] e non require ningún porto adicional aberto, polo que permite utilizar a mensaxería en redes wifi con conectividade limitada como pode ser ''wifiusc-web''. ==== Transferencia de arquivos ==== A transferencia de arquivos pode facerse de dous xeitos: //out of band//, é dicir, cunha conexión dedicada, ou //in band//, usando o propio servidor de mensaxería encapsulando anacos dos arquivos en mensaxes. Os propios clientes negocian o mellor método que poden empregar en función das súas capacidades e as da rede. O medio de transferencia //out of band// é moito máis eficiente e rápido. Nas probas que se fixeron dentro da rede, alcánzanse unhas velocidades superiores a 5MB/s mentres que o medio de transferencia //in band// apenas chega a 40kB/s. Os clientes tras dun firewall precisan utilizar un proxy de transferencia de arquivos para poder empregar a transferencia //out of band//. Dentro da rede do centro e empregando a VPN podedes facer uso do proxy de transferencia ''proxy.citius.usc.es'' (ten en conta que isto é un JID e non un nome de dominio). Para configurar o proxy de transferencia de arquivos en Pidgin, podes seguir estas instrucións: - Accede a //Cuentas// » //Gestionar cuentas//. - Elixe a túa conta e preme en //Modificar...//. - Na pestana //Avanzado//, establece ''proxy.citius.usc.es'' ou ''citius.usc.es'' no campo //Proxies de transferencia de archivos//.