====== Sistema operativo Ubuntu 12.04 CITIUS ====== ===== Descrición do servizo ===== Instalación, mantemento e soporte técnico dun sistema operativo Ubuntu 12.04 modificado polo CITIUS. ===== Solicitude ===== Pode solicitarse a instalación do sistema **en calquera equipo conectado á rede de datos do centro** a través do [[https://citius.usc.es/dashboard/enviar-incidencia|formulario de incidencias]]. ===== Características do sistema ===== ==== Aspecto visual personalizado coa imaxe corporativa do CITIUS ==== Inclúe un fondo de escritorio e un tema visual para a pantalla de arranque. ==== Actualización automática de software ==== O software instalado actualízase automaticamente de forma silenciosa ó arrancar o equipo, como máximo unha vez á semana. En calquera momento podes forzar unha actualización do sistema co comando ''aptdcon --safe-upgrade''. ==== Instalación de software adicional ==== Pódese instalar software adicional sen intervención dun administrador a través do **Centro de Software de Ubuntu** ou da ferramenta de liña de comandos ''aptdcon''. Máis abaixo atoparás unha guía rápida de ''aptdcon''. O software descárgase e instálase dun repositorio situado no CITIUS, no que se fai un filtrado de tipo //lista branca//. Isto quere dicir que non todo o software que aparece no Centro de Software de Ubuntu está dispoñible para instalar de forma directa. O software que non teña un botón de //Instalar// aínda non foi aprobado, e debe solicitarse a súa aprobación a través do [[https://old.citius.usc.es/uxitic/incidencias|formulario de incidencias]]. Algún software especial non integrado co sistema de paquetes de Ubuntu pódese instalar igualmente sen intervención dun administrador. Polo de agora o único software dispoñible por esta vía é: * Matlab R2012a * Matlab R2011a * Maple 16 * WFDB 32 bits (inclúe WAVE) Para instalalos, busca o instalador en Unity. O software non dispoñible por ningunha destas vías debe solicitarse a través do [[https://citius.usc.es/dashboard/enviar-incidencia|formulario de incidencias]]. ==== Integración coa infraestrutura do centro ==== O login no sistema faise coa conta do CITIUS. Os datos da sesión almacénanse no espazo persoal do almacenamento compartido mediante NFS montado en ''/home/remoto''. Este almacenamento tamén está accesible a través de SSH e SMB/CIFS. Os usuarios tamén contan cun directorio local en ''/home/local'' onde almacenar máis datos, pero sen copias de seguridade. Os directorios de proxectos tamén se montan automaticamente en ''/home/proyectos''. ==== Soporte técnico ==== Podes solicitar axuda ou soporte a través do [[https://citius.usc.es/dashboard/enviar-incidencia|formulario de incidencias]] ou, de forma excepcional para casos urxentes, no teléfono 16409. ===== Documentación adicional ===== ==== Guía rápida de aptdcon ==== Este programa permite instalar paquetes dispoñibles no repositorio. Antes de comezar, actualiza o listado de paquetes dispoñibles co seguinte comando: aptdcon -c Precisas saber o nome do paquete que queres instalar. Podes buscalo coa ferramenta ''apt-cache'' se non estás seguro. Por exemplo, se queres buscar //dropbox//, debes executar: apt-cache search dropbox Vemos que o nome do paquete é ''dropbox''. Para instalalo pois, só resta executar: aptdcon -i dropbox Se ves este mensaxe de erro: ERROR: org.debian.apt.TransactionFailed - error-cache-broken: Os seguintes paquetes teñen dependencias incumpridas: Proba a facer: aptdcon --fix-depends e logo volve a intentalo. ==== Sincronización do home remoto ==== O home remoto non se almacena directamente no [[centro:servizos:almacenamento_compartido_mediante_nfs|espazo persoal do almacenamento compartido]], senón que se almacena en local, e un script encárgase de realizar a sincronización co almacenamento compartido. Todo o home remoto almacénase no subdirectorio ''linux-home'' do almacenamento compartido. Tamén se crea un arquivo chamado ''.linux-home_synchistory'' para informar dende que equipos se fixo sincronización e cando. A sincronización realízase de forma bloqueante ó iniciar e pechar sesión gráfica, e tamén de fondo e con baixa prioridade durante a sesión, cada 30 minutos. O estado desta sincronización pode consultarse co icono indicador do panel superior. Tamén se pode configurar o comportamento da sincronización de fondo. {{ :centro:servizos:indicador.png?nolink |}} Ao iniciar e pechar sesión por consola ou SSH, tamén se pode facer a sincronización, pero neste caso non se fai de fondo, e debe lanzarse manualmente co comando ''sincronizar-home-remoto.sh''. Se nunca sincronizaches o home remoto nun equipo, tanto se entras nunha sesión gráfica coma por SSH ou consola, o sistema preguntará se queres sincronizar o home, ou queres montalo directamente facendo un enlace. Esta pregunta repetirase sempre nese equipo, a non ser que elixas a opción de sincronizar. Se queres iniciar sesión noutro equipo momentaneamente, é máis rápida a opción de enlazar. Ten en conta que sincronizar o home remoto en varios equipos tendo aberta a sesión neses equipos ó mesmo tempo pode producir resultados impredicibles. Cara o servidor sempre se sincronizará a versión máis nova dun arquivo, e se modificas un arquivo nun dos equipos e tamén noutro, gañará o que teña a data máis recente. Despois de estar 6 meses sen iniciar sesión nun equipo, o home remoto bórrase dese equipo, e para volver a utilizalo deberás sincronizalo de novo dende o servidor. === Desbloqueo do Keyring de Gnome === O keyring de Gnome non se desbloquea se a sesión tarda máis de 2 minutos en abrirse, e terás que introducir o contrasinal de novo. ===== Preguntas frecuentes e axuda ===== ==== Como podo ver PDFs en Chromium? ==== Podes instalar a extensión [[https://chrome.google.com/webstore/detail/pdf-viewer/oemmndcbldboiebfnladdacbdfmadadm/related?hl=en|PDF Viewer]] que utiliza PDF.js, o mesmo visor que utiliza Firefox. ==== Actualmente teño instalada a Ubuntu 10.04 e quero actualizar á Ubuntu 12.04 ==== Avisa no teléfono 16409 (Jorge). ==== Como cambio o idioma da sesión? ==== En «Preferencias de Sistema» elixe «Idioma da sesión». Abrirase un diálogo para elixir idioma. A selección terá efecto unha vez cerres e volvas a abrir a sesión. ==== Está dispoñible software privativo? ==== Si, aínda que a maioría non está instalado por defecto, os usuarios poden optar por instalar dende o Centro de Software Ubuntu programas solicitados anteriormente coma //skype//, //mendeleydesktop// ou //spotify//. ==== Preciso Windows para algunhas labores. Podo usar máquinas virtuais? ==== Si, os sistemas contan con Virtualbox 4.2. Unha vez despregado o sistema, podes instalar sistemas virtualizados, ou solicitarnos a instalación dunha máquina con Windows XP de 32 bits, sempre que o equipo conte cunha licenza de Windows. ==== Non atopo cómodo Unity. Podo usar outros contornos? ==== Si. Tamén está dispoñible a sesión «Gnome clásico», que é unha versión simplificada do contorno que podíades atopar en Ubuntu 10.04. Para utilizala, na pantalla de login preme no botón co logotipo de Ubuntu preto da casilla onde introduces o nome de usuario, e elixe a opción correspondente. Tamén podes instalar máis contornos a través do Centro de Software de Ubuntu. Na data de escribir esto, están dispoñibles os seguintes contornos: * KDE * Instala o paquete ''escritorio-kde-minimo'' se só desexas un escritorio moi básico. * Instala o paquete ''escritorio-kde-basico'' se ademáis queres aplicacións básicas de KDE. * Instala o paquete ''escritorio-kde-completo'' se ademáis queres instalar todas as aplicacións de KDE dispoñibles (coidado, instala moitas aplicacións). * LXDE * Instala o paquete ''lxde'' * I3-WM * Instala os paquetes ''i3-wm'', ''i3status'' e ''suckless-tools''. ==== Ó actualizar dende 10.04, as decoracións de ventana vense extrañas e non encaixan co resto do tema visual ==== Ubuntu intenta recuperar a configuración visual que tiña na versión anterior, pero con algunhas cousas como as decoracións de ventana, non fai moi bo traballo. Para volver ó tema por defecto, fai clic dereito no escritorio e escolle «Cambiar fondo de pantalla». Alí, na parte inferior, selecciona un tema visual calquera (por exemplo Radiance) e logo volve a seleccionar Ambiance. ==== Como podo programar un apagado? ==== Co comando ''apagar-equipo'' pódese apagar o equipo de forma sinxela. Podes programar o comando a unha hora determinada con ''cron'', ou graficamente con ''gnome-schedule''. Instala ''gnome-schedule'' dende o Centro de Software de Ubuntu e execútao. Crea unha nova entrada recurrente, pon a orde ''/usr/local/bin/apagar-equipo'', e elixe a hora desexada. É importante que establezas a orde coa ruta completa. O comando só funciona se: * Estás logeado fisicamente no mesmo equipo de forma gráfica. Nese caso, aparecerá unha ventana para confirmar e agardará 60 segundos antes de apagar. * Ou ben estás logeado remotamente por SSH e non hai outros usuarios logeados na máquina. Nese caso, apagará de inmediato. ==== Os menús de Netbeans non se ven ben ==== Este é un [[https://bugs.launchpad.net/ubuntu/+source/netbeans/+bug/989624|fallo coñecido de Ubuntu]]. Para correxilo, debes instalar un plugin de Netbeans. Vai a Tools » Plugins. Alí, na lapela Settings preme en Add, e engade o seguinte: * Name: Java Ayatana * URL: http://java-swing-ayatana.googlecode.com/files/netbeans-catalog.xml Unha vez fagas isto, na lapela «Available Plugins» instala o plugin «Java Ayatana». ==== O Flash deixou de funcionar / non aparece en Firefox ==== En algunhas ocasións, debido a que é un paquete un pouco especial, é posible que unha actualización silenciosa de Flash falle. Para tentar solucionalo, podes executar este comando nunha terminal: aptdcon -u flashplugin-installer Se o problema persiste, envía unha incidencia. ==== Como podo crear lanzadores de aplicacións personalizados no panel ou no escritorio? ==== No dash de Unity, busca a aplicación ''Menú principal''. Alí verás todos os accesos directos do sistema e os do teu usuario, por categorías. Para crear un novo lanzador, selecciona a categoría desexada e preme en ''Novo elemento''. Unha vez engadido, debería aparecer no dash de Unity. Arrastra entón o lanzador desde Unity ó panel ou ó escritorio se o queres poñer nalgún deses sitios. ==== O escritorio remoto funciona mal usando efectos de escritorio / Unity ==== Algúns controladores de vídeo (NVIDIA, AMD) non soportan correctamente a extensión ''XDAMAGE'' precisa para actualizar a pantalla selectivamente e así mellorar a velocidade da conexión remota, non só non mellorando a velocidade senón empeorándoa considerablemente. Para solucionar isto, podes desactivar o uso da extensión ''XDAMAGE'', ou ben facer uso dun escritorio sen efectos, coma ''Gnome Clásico (sin efectos)''. Para desactivar a extensión ''XDAMAGE'' abre o ''dconf-editor'' no dash de Unity, e marca a casilla de configuración ''desktop'' » ''gnome'' » ''remote-desktop'' » ''disable-xdamage''. ==== Prefiro as barras de desprazamento tradicionais, como podo recuperalas? ==== As novas barras de desprazamento chámanse Overlay Scrollbars, e para cambialas polas tradicionais basta con eliminar o paquete ''overlay-scrollbar''. Se máis adiante queres volver a usalas, podes volver a instalar o paquete ''overlay-scrollbars''. ==== Problemas instalando o paquete rjava de R: Make sure you have Java Development Kit installed and correctly registered in R. ==== En lugar de instalar o paquete ''rjava'' dende R, instala o paquete ''r-cran-rjava'' con ''aptdcon''. ==== Teño problemas imprimindo un documento ==== Algúns documentos, tras ser procesados polo lector de documentos ''evince'', non se imprimen correctamente ou deixan a impresora atascada. Unha alternativa é empregar o comando ''lp'', que envía os documentos á impresora sen procesar. Por defecto, ''lp'' envía o documento á impresora do teu andar e **non** imprime a doble cara. lp -o sides=two-sided-long-edge archivo.pdf # imprime a doble cara lp -P 12,15,17-20 archivo.pdf # imprime só páxinas 12,15 e 17 a 20 lp -o number-up=4 -o fit-to-page -o number-up-layout=rltb archivo.pdf # imprime 4 páxinas por folla, de arriba a abaixo e de esquerda a dereita, escalando para ocupar o máximo posible lp -d ctprints1 archivo.pdf # Imprime na impresora do semisoto lpstat -a # ver a lista de impresoras dispoñibles As opcións poden combinarse. Por exemplo, para imprimir a doble cara na impresora a color de secretaría, só as páxinas 7 e 8 dun documento: lp -d ctprint03 -P 7,8 -o sides=two-sided-long-edge archivo.pdf ==== Como podo instalar paquetes de Latex adicionais? ==== O LaTeX empaquetado para Ubuntu 12.04 non conta coa ferramenta ''ltmgr'' que se utiliza para instalar paquetes pero pode facerse manualmente. Por exemplo, para instalar [[http://www.ctan.org/pkg/pgfgantt|pgfgantt]]: mkdir -p ~/texmf/tex/latex cd texmf/tex/latex/ wget http://mirrors.ctan.org/graphics/pgf/contrib/pgfgantt.zip unzip pgfgantt.zip rm pgfgantt.zip cd pgfgantt/ latex pgfgantt.ins latex pgfgantt.dtx mktexlsr Despois disto, xa podes utilizar o paquete pgfgantt con normalidade. Se prefires utilizar ''ltmgr'' debes actualizar a Ubuntu 14.04.