====== Sistema operativo Ubuntu 18.04 CiTIUS ====== Instalación, mantemento e soporte técnico dun sistema operativo Ubuntu 18.04 modificado polos técnicos do CiTIUS. ===== Notificacións e comunicación entre usuarios ===== Para comunicar problemas, dúbidas ou facer suxestións, empregarase a canle ''#ubuntu1804'' do Slack do CiTIUS. O sistema dispón dun applet de notificacións para novidades sobre software, actualizacións, etc. ===== Software dispoñible ===== O sistema conta con varios repositorios adicionais aos da Ubuntu 18.04, co seguinte software xa instalado por defecto: * Java 8 de Oracle * Telegram * Skype * Virtualbox 5.2 * Xpra ===== Software adicional ===== Podes solicitar a instalación de software adicional ou axuda para instalar software adicional á Unidade de Xestión de Infraestruturas TIC, pero tamén podes facelo por ti mesmo se queres. ==== OneDrive ==== Podes configurar o acceso ao espazo de OneDrive da universidade de maneira sinxela executando o comando ''onedrive-setup'' e seguindo as instruccións. A configuración montará o teu directorio de OneDrive na carpeta OneDrive dentro do teu directorio home ao iniciar sesión. Nota: O configurador ''onedrive-setup'' substituirá calquera configuración de ''rclone'' chamada //OneDrive//, polo que se xa estás a usar ''rclone'' recomendamos a configuración manual con ''rclone config''. ==== NVIDIA CUDA ==== Antes de instalar a derradeira versión de CUDA, comproba que a túa gráfica sexa compatible. Se non, pode que precises instalar unha versión anterior. Segue os pasos descritos en https://developer.nvidia.com/cuda-downloads (Elixe //Linux// -> //x86_64// -> //Ubuntu// -> //18.04// -> //deb (network)//). Recorda engadir estas liñas a o teu ''~/.bashrc'' (só para o teu usuario) ou nun arquivo global chamado por exemplo ''/etc/profile.d/cuda.sh'': export PATH=/usr/local/cuda/bin${PATH:+:${PATH}} export LD_LIBRARY_PATH=/usr/local/cuda/lib64${LD_LIBRARY_PATH:+:${LD_LIBRARY_PATH}} Tras facer estes pasos, deberás reiniciar o sistema. Se tes problemas, pide axuda. ==== Matlab ==== Para instalar a versión R2018a, executa ''install-matlab_R2018a.sh'' nunha terminal, ou elixe a opción ''Instalación de Matlab 2018a'' no lanzador de aplicacións. ==== Docker ==== Seguir as [[https://docs.docker.com/install/linux/docker-ce/ubuntu/|instruccións para a instalación de docker-ce]] da documentación de Docker. ==== Adobe Reader 9 ==== Non se recomenda utilizar Adobe Reader en Linux, xa que non está mantido dende 2012. Aínda así, se é preciso utilizalo, pódese instalar seguindo [[https://askubuntu.com/a/805399/83068|estas instrucións]]: # Add Precise partner repository and install adobereader-enu sudo add-apt-repository "deb http://archive.canonical.com/ precise partner" sudo apt-get update sudo apt install adobereader-enu # Remove Precise partner repository for safety sudo add-apt-repository -r "deb http://archive.canonical.com/ precise partner" sudo apt update # Install optional but recommended packages sudo apt-get install gtk2-engines-murrine:i386 libcanberra-gtk-module:i386 libatk-adaptor:i386 libgail-common:i386 Por defecto, Adobe Reader 9 non asocia os arquivos PDF e para poder usalo debes primeiro abrir o Adobe Reader e logo abrir o arquivo desexado. ==== Adobe Acrobat X Pro ==== Seguir as [[https://wiki.winehq.org/Ubuntu|instruccións de instalación de Wine 4.0]]: curl https://dl.winehq.org/wine-builds/winehq.key | sudo apt-key add - sudo apt-add-repository 'deb https://dl.winehq.org/wine-builds/ubuntu/ bionic main' sudo apt install winehq-stable Instalar winetricks para xestionar de forma sinxela os perfís de wine seguindo [[https://wiki.winehq.org/Winetricks#Installing_winetricks|as instruccións da páxina de Winetricks]]: sudo wget https://raw.githubusercontent.com/Winetricks/winetricks/master/src/winetricks -O /usr/local/bin/winetricks sudo chmod +x /usr/local/bin/winetricks Iniciar un perfil de wine para o Adobe Acrobat, para impedir que outras aplicacións de Wine interfiran e configuralo a Windows XP (evita problemas de suavizado de fontes): winetricks arch=32 prefix=acrobat WINEPREFIX=~/.local/share/wineprefixes/acrobat winetricks winxp Descargar o Acrobar X Pro. Descomprimir e iniciar a instalación: download-acrobatXpro.sh # script que debería estar no PATH tar xvf acrobatxpro-spanish.tar cd acrobatxpro-spanish WINEPREFIX=~/.local/share/wineprefixes/acrobat wine Setup.exe A instalación dura uns segundos e non xenera ningunha ventá. Tras uns 10-30 segundos remata a instalación e pode atoparse o Adobe Acrobat X Pro no menú de aplicacións. ===== Problemas coñecidos =====