===== Manual da VPN para Android 4.x e superior ===== ==== Instalación ==== - Instala a aplicación ''OpenVPN Connect'', que podes atopar [[https://play.google.com/store/apps/details?id=net.openvpn.openvpn|en Google Play]]. - Descarga o arquivo ''vpn-UDP4-1194-config.ovpn'' no dispositivo Android. - Arrinca a aplicación OpenVPN Connect e selecciona ''OVPN Profile'' para importar un arquivo ''ovpn''. No navegador de arquivos que se abre, atopa e selecciona o arquivo ''vpn-UDP4-1194-config.ovpn''. - Introduce o teu usuario do CiTIUS e o contrasinal((Se gardas o contrasinal, deberás por obriga ter un patrón de desbloqueo ou outro método alternativo de bloquear o terminal. Se non queres ter que activar esta ocpión, non gardes o contrasinal)). Preme en ''Conectar''. - Recibirás unha advertencia sobre o uso desta VPN e a posibilidade de que a aplicación intercepte todas as comunicacións, que debes aceptar. - Unha vez feito, a aplicación conectarase á VPN. {{ :centro:servizos:vpn:photo_2018-03-13_10-19-21.jpg?direct&270 |}} ==== Conectarse e desconectarse da VPN ==== - Abre a aplicación ''OpenVPN Connect'' e preme no botón ''Conectar'' ou ''Desconectar''. Pode que volvas recibir a advertencia sobre a posibilidade de que a aplicación intercepte as comunicacións se reinicias ou apagas o dispositivo.