===== Manual da VPN para Windows 7/10/11 ===== ==== Instalación ==== Usa o arquivo con extensión .exe que poderás atopar na carpeta VPN Files da tua conta de Nextcloud. ==== Conectarse e desconectarse da VPN ==== - Abre o programa //OpenVPN GUI//. - Unha vez aberto, atoparás unha nova icona na bandexa de sistema para o OpenVPN. A icona vermella indica que non estás conectado.{{ :centro:servizos:vpnwindows_02.png?nolink&300 |}} - Para conectarte, preme co botón dereito na icona de OpenVPN, escolle a rede ( normalmente **vpn-citius** pero o nome pode variar), e preme //Conectar//.{{ :centro:servizos:vpnwindows_03.png?nolink&300 |}} - A continuación aparecerá un cadro de diálogo no que debes poñer o usuario do CiTIUS e o contrasinal.{{ :centro:servizos:vpnwindows_04.png?nolink&500 |}} - Para desconectarte, volve premer co botón dereito na icona de OpenVPN, escolle a conexión correspondente e preme //Desconectar//:{{ :centro:servizos:vpnwindows_05.png?nolink&300 |}}