====== Cloud de servidores virtuais (VPS) - CiTIUS VPS ====== Servizo de servidores privados virtuais (VPS) nunha nube privada. O persoal investigador pode crear máquinas virtuais con distintas necesidades de hardware para crear entornos de probas persistentes ou despregar aplicacións. O servizo está accesible por https://vps.citius.gal/ ===== Problemas coñecidos e notas ===== ==== Idioma do teclado en americano ==== As imaxes tipo cloud normalmente teñen preconfigurado o teclado americano. Para configurar temporalmente o teclado español, pon o seguinte comando: sudo loadkeys es Para facer este cambio persistente en vez de executar este comando cada vez, lanza o asistente de configuración de teclado. sudo dpkg-reconfigure keyboard-configuration ==== Asignar máis espazo á imaxe de Ubuntu Desktop 20.04 ==== **Esto só aplica á imaxe DESKTOP versión 20.04**, que non está dispoñible xa como opción para crear novas máquinas. As máquinas virtuais creadas a partir da imaxe de Ubuntu Desktop non utilizan o espazo asignado automaticamente. Para que o fagan é preciso utilizar parted e resize2fs despois de asignar o espazo desexado na interfaz web. $ sudo parted (parted) resizepart 2 100% (parted) resizepart 5 100% (parted) quit $ sudo resize2fs /dev/sda5 En caso de que se reciban advertencias de que o disco está a ser utilizado, poden ignorarse. Pode comprobarse que o espazo asignouse correctamente co seguinte comando: $ df -h /