====== Terminal Web Shellinabox ====== ===== Descrición do servizo ===== Proporciona acceso a un equipo da rede interna do centro dende o exterior similar ó proporcionado pola [[pasarela_ssh|Pasarela SSH]] pero a través do navegador web. Este servizo pode ser útil para consultar execucións do clúster de computación en redes moi restrinxidas, por exemplo. ===== Alta no servizo ===== A alta é automática para os usuarios da [[https://wiki.citius.usc.es/centro:servizos:pasarela_ssh|Pasarela SSH]]. Para consultar os servicios activados, preme na pestana //Conta e permisos// en [[https://citius.usc.es/me]] ===== Manual de usuario ===== ==== Acceso ==== Acceso a través de https://apps.citius.usc.es/shell