===== POLÍTICA DO CiTIUS SOBRE A PUBLICACIÓN DE ACCESO ABIERTO ===== Neste momento, moitas das Editoriais nas que o CiTIUS publica habitualmente consideran diferentes opcións para a publicación de acceso aberto, tanto na vía de auto-arquivado (//publicación de versións previas e versións aceptadas de artigos//) como por medio da "publicación pura" de acceso aberto previo pago (pódese consultar [[centro:xestion_do_centro:publicaciones_acceso_abierto:informacion:start|este enlace]] para obter máis información acerca das diferentes modalidades de publicación de acceso aberto). Dende o CiTIUS nos interesa potenciar a publicación de acceso aberto pola mellora do impacto que pode ofrecer para as nosas publicacións. Non obstante, para evitar calquer tipo de conflicto ou litixio, a publicación de acceso aberto na web do Centro farase sempre dentro do marco legal establecido polas propias editoriais. Basicamente, a postura do CiTIUS resúmese nos seguintes puntos: * O CiTIUS seguirá estrictamente a normativa de publicación das editoriais. Isto é, si unha editorial non permite a publicación na web ou en repositorios de acceso aberto de pre-prints e versións aceptadas do traballo, o CiTIUS non as publicará. De igual xeito, non se publicarán traballos que non sigan a normativa de agradecementos propia de cada editorial. * Moitas editorias permiten a publicación de versións previas ou aceptadas das publicacións. Aconséllase aos investigadores do CiTIUS a publicación por medio desta opción sempre que a editorial o permita. Pode verse en [[https://wiki.citius.usc.es/centro:xestion_do_centro:publicaciones_acceso_abierto:procedemento:start|procedemento editoriais]] o procedemento para publicar versións previas e aceptadas de publicacións para algunhas das editorias máis habituais. * Con respecto ao pago por publicación en revistas de acceso aberto, o CiTIUS quere manifestar a imposibilidade para acometer o financiamento deste tipo de publicacións polos seus elevados custos. Os investigadores e grupos poderán acometer este tipo de publicación, sempre que o consideren adecuado, por medio dos seus fondos. * As políticas de publicación na web e repositorios de pre-prints e versións aceptadas de traballos varían co tempo. Por este motivo, requírese aos investigadores a confirmación da política de publicación cada vez que envíen unha nova publicación a revisión. * De igual forma, para a publicación de pre-prints e versións aceptadas de traballos en Congresos Científicos, seguiranse as políticas dos congresos en cuestión, sendo necesaria a confirmación escrita da mesma para que os mesmos poidan ser publicados na web do CiTIUS. * Para proxectos con financiamento europeo, será necesario seguir a normativa ao respecto, que establece a necesidade de publicar en aberto os resultados ([[http://ec.europa.eu/research/participants/data/ref/h2020/grants_manual/hi/oa_pilot/h2020-hi-oa-pilot-guide_en.pdf|Guidelines on Open Access to Scientific Publications and Research Data in Horizon 2020]]) * A igualdade de impacto científico, recoméndase primar a publicación naquelas editoriais que permiten a publicación por medio do auto-arquivado con respecto a editoriais que non o permitan. * Como posibilidade para a publicación en repositorios de acceso aberto, proponse ArXiv. Neste sentido, solicítase aos autores que informen a citius.idi@usc.es sobre outros repositorios que consideren adecuados, para facilitar que a información sexa compartida por todo o Centro.