{{:inv:python-logo-master-v3-tm.png?nolink&400|}} ===== Instalar paquetes con pip no contorno do usuario ===== Pip é un programa que serve para instalar paquetes de Python. Por defecto instálaos como root, pero os usuarios tamén poden instalar paquetes no seu directorio persoal, coa opción ''--install-option="--user"''. Por exemplo: $ pip install --install-option="--user" axel Downloading/unpacking axel Running setup.py egg_info for package axel Installing collected packages: axel Running setup.py install for axel Successfully installed axel Cleaning up... Os paquetes instalaranse en ''$HOME/.local/lib/pythonX.Y/site-packages'', que xa se atopa na ruta de busca por omisión de Python.