====== PIP: Python Install Packages ====== PIP é unha ferramenta multiplataforma para instalar e xestionar paquetes de python, que funciona independentemente do sistema de xestión de paquetes do Sistema Operativo que empreguemos. Entre as súas principais vantaxes están a posibilidade de instalar e actualizar as últimas versións dos paquetes, independentemente da que estea nos repositorios do noso sistema; ou a instalación no propio directorio do usuario, sen requirir permisos de administrador. ===== Instalación de paquetes ===== Para instalar un paquete determinado, que debe estar presente no [[http://pypi.python.org/pypi|índice de paquetes de python]], simplemente deberemos escribir o seguinte comando (con permisos de administrador). $ pip install nome_paquete [... progress report ...] Successfully installed nome_paquete No caso de non dispoñer de permisos, é posible instalar igualmente os paquetes, pero nese caso instalaranse no ''home'' do usuario, concretamente na ruta ''/home/usuario/.local/lib/pythonX.Y/site-packages''. A orde para realizar a instalación deste xeito é a seguinte: $ pip install --install-option="--user" nome_paquete [... progress report ...] Successfully installed nome_paquete ===== Actualización de paquetes ===== PIP tamén permite a actualización dos paquetes xa instalados. A orde a executar é a seguinte: $ pip install --upgrade nome_paquete ===== Eliminación de paquetes ===== O mecanismo de eliminación de paquetes é moi similar ó de instalación: $ pip uninstall nome_paquete