Videodemostradores e vídeos divulgativos

O CiTIUS promove a realización e/ou edición de vídeos relacionados coa actividad do centro, tanto demostradores en formato vídeo que serven como presentación dunha determinada tecnoloxía ante socios potenciais (videodemostradores), como vídeos divulgativos dirixidos ao público máis xeral.

Os videodemostradores publícanse na canle de Youtube do CiTIUS, así como na sección de Demostradores da web. Exemplos de contidos elexibles para a realización destes vídeos son:

Pola súa banda, os vídeos divulgativos están dirixidos á comunicación global, destacando resultados de alto impacto ante a sociedade ou fomentando, por exemplo, novas vocacións científicas.

O persoal investigador interesado en realizar unha destas pezas de vídeo contactará coa Unidade de Prensa, que analizará a proposta en colaboración coa Unidade de Xestión do Coñecemento e Transferencia, e programará o seu desenvolvemento en función da súa relevancia.