Táboa de Contidos

Cociña

Consumibles (tódolos usuarios)

Tódolos usuarios da cociña deben contribuír no gasto de consumibles como deterxente para o lavalouzas, servilletas, panos, etc.

Se queres facer uso da cociña, contacta coa secretaría. Pasarás a formar parte dun grupo de correos e informáremoste cando sexa necesario aboar un Euro para cubrir estes gastos.

Lixo

É moi sinxelo, colabora!

Ao carón da papeleira hai bolsas de lixo. Non se debe tirar á papeleira ningún residuo sen poñer (no caso de que non haxa) unha bolsa.

Limpeza

Cada usuario é responsable de limpar a mesa e a encimeira despois de cada uso. Na encimeira hai líquido limpador e rolo de papel. Este papel debe tirarse na papeleira branca.

Hai panos baixo o vertedeiro.

Lembrade que os fins de semana non hai servizo de limpeza. Se alguén usa a cociña o fin de semana, debe responsabilizarse de tirar no contedor todos os residuos que xenere. Non deixedes nada na papeleira.

Electrodomésticos

O uso destes aparellos é libre.

Só se pode quentar auga no quentador, non leite.

Colabora na súa limpeza!

As cafeteiras non poden quedar acesas. Lembrade apagalas despois de cada uso. Non é a primeira vez que quedan acendidas e sobrequéntanse. Recordade tamén tirar as cápsulas do café á papeleira que hai debaixo do fregadeiro.

Evita lavar a man e úsao. A programación do lavalouzas é tan sinxela como:

  1. Acender o electrodoméstico.
  2. Poñer no oco a pastilla de xabón.
  3. (Opcional) Indicar a hora diferida (3, 6 ou 9 horas).
  4. Deixar o modo “eco” (por defecto).
  5. IMPORTANTE: Premer o botón Start.
  6. IMPORTANTE: Pechar a porta (con ganas ata escoitar un “CLIC”, que se queda mal pechada non empeza o programa).

IMPORTANTE: O lavalouzas programarase para polo en funcionamento todas as noites e a primeira persoa que faga uso da cociña pola mañá, debe baleirar o seu contido. Está prohibido deixar utensilios sucios no fregadeiro, debe meterse sempre no lavalouzas, comprobando antes que se baleirou todo o que estaba limpo.

Armarios e neveira

Distintos grupos que fan uso da cociña foron gardando nos armarios e nas neveiras cousas como café, azúcar, té, leite… e organízanse entre eles para a súa compra, ás veces de forma individual. Tamén se poden atopar tuppers de comida na neveira. Se queres empregar as alacenas e/ou a neveira busca un espazo e encárgate de mantelo limpo e de que ningún alimento estea en mal estado. Se non atopas un sitio, fala cos usuarios habituais da cociña.

Na alacena sobre o fregadeiro podes atopar menaxe de cociña do centro para o uso de todos nós. A cubertería atópase nun caixón baixo as cafeteras. O resto de tazas e pezas son de uso particular, podes traer o que necesites e buscarlle un oco.

IMPORTANTE: na cociña hai un rotulador (no estante dos vasos) para rotular a data de apertura nos cartóns de leite, zumo, etc. Evita que caduquen, se os abandoas serán retirados.