Acceso aberto

Normalmente, podes publicar o preprint dun artigo antes da aceptación en repositorios xenéricos como Arxiv e no repositorio institucional Minerva. Esto depende da editorial e non sempre é posible. Se tes dúbidas consulta a Unidade de Xestión do Coñecemento e Transferencia.

Unha vez unha publicación está aceptada debe subirse a XiCi, para a súa publicación na web do CiTIUS: Engadir publicación. No caso que teñas preprints posiblemente teñas que actualizalos coa información do DOI e revista. Por exemplo, Arxiv permite actualizar o DOI e a referencia da revista dende a conta do autor no listaxe de papers publicados.

O repositorio institucional Minerva permite o arquivado de publicacións indicando o periodo de embargo da revista. Deste modo, os artigos fanse públicos automáticamente unha vez se cumpren os periodos de embargo.

Podes comprobar as condicións de autoarquivado de revistas no seguinte portal Sherpa Romeo, un buscador e repositorio deste tipo de información.

As institucións financiadoras poden ter requisitos de difusión dos artigos (e.g. 6 meses para proxectos da U.E. e 1 ano para proxectos nacionais). Algunhas editorias permiten o autoarquivado de publicacións cando as súas políticas entran en conflicto coas políticas dos organismos financiadores, feito que se pode utilizar para pubricar artigos mediante a “vía verde” antes de cumprirse os periodos de embargo.

Os perfiles de Google Scholar tamén permiten o arquivado dos documentos pdf asociados as publicacións. Aconsellase comprobar que se cumpre coas políticas das diferentes editorias antes de subir o pdf dunha publicación a Google Scholar.

  • centro/comunicacion/acceso_aberto.txt
  • Última modificación: 2021/04/23 13:42
  • por felix.diaz