Estás aquí: start » centro » instalacions » cocina

Cociña

Esta é unha revisión antiga do documento!


Cociña

Consumibles (tódolos usuarios)

Tódolos usuarios da cociña deben contribuír no gasto de consumibles como deterxente para o lavalouzas, servilletas, panos, etc.

Se queres facer uso da cociña, e non pertences ó club café (ver sección “Electrodomésticos”), contacta con Montserrat Fortes (2ª Planta).

Lixo

É moi sinxelo, colabora!

  • ORGÁNICO: baixo o fregadeiro, o servizo de limpeza sácao a diario.
  • INORGÁNICO (envases, plásticos, latas…): cubo triple da esquina, responsabilidade de todos. Cada semana un dos usuarios é o responsable de baleirar os cubos. Diego Cougil envía cada sous meses o calendario cos turnos. Para pechar, pisar pedais ata o fondo.

Limpeza

Hai panos baixo o vertedeiro. Úsaos ó rematar e deixa o espazo limpo para os teus compañeiros.

Electrodomésticos

  • Cafetera Tassimo

Se queres empregala contacta con Adrián González (LS02) cota única de 3€.

As cápsulas e o resto de cousas coma leite, azucre, etc. mércanse de xeito individual e hai que pagar aparte a cota de uso da cocina.

Na cociña hai un pequeno folleto con instruccións, cualquera dúbida contacta con Adrián González Despois de empregar a cafeteira déixaa limpa cando remates e saca a cápsula!

  • Cafeteira e club café

Compra conxunta de café, leite, infusións… con gastos de consumibles incluídos ;)

Se queres unirte contacta con Antonio García Loureiro.

  • Quentador de auga e microondas

O uso destes aparellos é libre. Só se pode quentar auga no quentador, non leite. Colabora na súa limpeza!

O quentador de auga volve estar dispoñible e hai outro mercado en reserva.

  • Lavalouzas

Evita lavar a man e úsao. A programación do lavalouzas é tan sinxela como:

  1. Acender o electrodoméstico.
  2. Poñer no oco a pastilla de xabón.
  3. (Opcional) Indicar a hora diferida (3, 6 ou 9 horas).
  4. Deixar o modo “eco” (por defecto).
  5. IMPORTANTE: Premer o botón Start.
  6. IMPORTANTE: Pechar a porta (con ganas ata escoitar un “CLIC”, que se queda mal pechada non empeza o programa).

IMPORTANTE: o lavalouzas prográmase para que funcione os días laborables arredor das 21-22h e baléirase polas mañás entre as 8-11h, aproximadamente. Se o atopas limpo e cheo non mistures louza sucia e limpa e baléirao previamente.

Armarios e neveira

Distintos grupos que fan uso da cociña foron gardando nos armarios e nas neveiras cousas como café, azúcar, té, leite… e organízanse entre eles para a súa compra, ás veces de forma individual. Tamén se poden atopar tuppers de comida na neveira. Se queres empregar as alacenas e/ou a neveira busca un espazo e encárgate de mantelo limpo e de que ningún alimento estea en mal estado. Se non atopas un sitio, fala cos usuarios habituais da cociña.

Na alacena sobre o fregadeiro podes atopar menaxe de cociña do centro para o uso de todos nós. A cubertería atópase nun caixón baixo as cafeteras. O resto de tazas e pezas son de uso particular, podes traer o que necesites e buscarlle un oco.

IMPORTANTE: na cociña hai un rotulador (alacena inferior do extremo dereito) para rotular a data de apertura nos cartóns de leite, zumo, etc. Evita que caduquen, se os abandoas serán retirados.