Estás aquí: start » centro » instalacions » impresoras

Impresoras e Fotocopiadora/Escáner

Esta é unha revisión antiga do documento!


Impresoras

As impresoras só están dispoñibles a través da rede cableada, non da wifi. Se queres acceder ás impresoras a través da wifi, precisas estar conectado á VPN.

Listaxe de impresoras a disposición dos investigadores

Nome Modelo IP Localización
ctprints1 HP LaserJet p4015x 172.16.243.160 Corredor do semisoto
ctprint01 HP LaserJet p4015x 172.16.243.161 Corredor da planta baixa
ctprint02 Ricoh Aficio MP C2051 172.16.243.162 Corredor da planta baixa (fotocopiadora)
ctprint03 HP Color LaserJet CP5225 172.16.243.165 Secretaría
ctprint11 HP LaserJet p4015x 172.16.243.163 Corredor do primeiro andar
ctprint21 HP LaserJet p4015x 172.16.243.164 Corredor do segundo andar

Listaxe de impresoras para uso exclusivo de docencia

Nome Modelo IP Localización
ctprint05 Ricoh Aficio SP 8200DN 172.16.243.167 Corredor da planta baixa

Listaxe de impresoras co seu uso restrinxido á Secretaría e Dirección

Nome Modelo IP Localización
ctprint04 HP LaserJet M2727nf http://172.16.243.166 Secretaría

Impresión en cor

A única impresora na que os investigadores poden imprimir en cor é a ctprint03. Débense recoller os traballos impresos en secretaría nas horas nas que está aberta.

Bandexas e papel

Impresora HP LaserJet p4015x

HP LaserJet p4015x

As bandexas están configuradas do seguinte xeito:

  • Bandexa 1 (Bandexa manual): Calquera tipo (seleccionar o tipo de papel á hora de imprimir)
  • Bandexa 2: Papel branco
  • Bandexa 3: Papel reciclado

A bandexa por defecto é a 3, polo que, se non se selecciona a bandexa, a impresora imprimirá empregando papel reciclado. Se se desexa imprimir en papel branco, compre seleccionar a bandexa superior.

No armario hai dispoñible papel branco e reciclado. No caso de rematarse, os investigadores poden pedir que se repoña en portería.

Ricoh Aficio MP C2051

As bandexas das impresoras están configuradas do seguinte xeito:

  • Bandexa 1 (Bandexa manual): Calquera tipo (seleccionar o tipo de papel á hora de imprimir)
  • Bandexa 2 (Bandexa superior): Papel branco A4
  • Bandexa 3 (Bandexa inferior): Papel branco A3
Impresora HP Color LaserJet CP5225

HP Color LaserJet CP5225

As bandexas están configuradas do seguinte xeito:

  • Bandexa 1 (Bandexa manual): Calquera tipo (seleccionar o tipo de papel á hora de imprimir)
  • Bandexa 2 (): Papel branco A4
  • Bandexa 3 (): Papel branco A3

Cambio de tóner

A impresoras avisan que o tóner estase a esgotar cando aínda pode imprimir unhas 200 páxinas. O tóner cambiarase cando a impresora comece a presentar impresións de baixa calidade, e non cando a impresora presente o aviso.

Para cambiar o tóner, débese avisar á Unidade de Xestión de Infraestruturas TIC a través do formulario de incidencias.

Configuración das impresoras

Ubuntu CITIUS

As impresoras instálanse automaticamente.

Outras distribucións de GNU/Linux

Descarga o seguinte arquivo: impresoras-version-20130116.tar

wget http://wiki.citius.usc.es/_media/centro:instalacions:impresoras-version-20130116.tar

Detén o servizo de cups. Para distribucións baseadas en Debian ou Ubuntu:

/etc/init.d/cups stop

Descomprime o arquivo descargado, de forma que sobrescriba a configuración actual de cups. Este proceso sobrescribirá todas as impresoras que teñas instaladas no sistema.

tar -C / xfv ~/centro:instalacions:impresoras-version-20130116.tar

Copia o arquivo de configuración do teu andar co nome correcto, por exemplo, para o segundo andar:

cp /etc/cups/printers.conf.p2 /etc/cups/printers.conf

Entón volve a iniciar cups, ou ben reinicia o sistema. Para distribucións baseadas en Debian ou Ubuntu:

/etc/init.d/cups start

Lembra cambiar a impresora predeterminada á impresora do teu andar.

Windows 7 SP1 64 bits

Captura da Administración de impresión
  1. Ir a > Dispositivos e impresoras e eliminar as impresoras existentes, se as houbese.
  2. Para Windows 7 Enterprise descarga arquivo impresoras-W7Ent. Para Windows 7 Professional descarga arquivo impresoras-W7Pro
  3. Ir a Panel de control > Todos los elementos de Panel de control > Herramientas administrativas > Administración de impresión o ejecuta printmanagement.msc .
  4. Dentro do apartado Servidores de impresión, pulsar o botón dereito na máquina local, e seleccionar Importar impresoras desde un archivo.
  5. Escoller o arquivo descargado anteriormente, e darlle a Siguiente até que remate.
  6. Segundo o andar, poñer a impresora predeterminada correspondente.

Instruccións da Fotocopiadora

Xuntar correo partido en varias partes

Se un escaneo pasa de 10MB, a impresora partira o arquivo en varios correos. Os arquivos están en formato base64, cunha cabeceira e pé que debes borrar. Logo debes concatenalos e convertilos a binario.

Supoñendo un arquivo dividido en 4 partes, chamadas parte1, parte2, parte3 e parte4:

cat parte1 parte2 parte3 parte4 > unido.txt

Entón, abres unido.txt con un editor de texto e borras as liñas da cabeceira, como na seguinte imaxe:

E o mesmo ó final do arquivo:

Por último, gardas e convertes o arquivo a binario:

base64 --decode unido.txt > archivo.pdf