Esta é unha revisión antiga do documento!
Espacio Maker
O Espacio Maker é un espazo de uso común que ten por obxectivo convertir en tanxibles ideas que requiran crear e construir obxectos físicos, coas medidas de seguridade axeitadas, facendo uso das ferramentas e os postos de traballo adaptados que se proporcionan.
Este espazo conta con varios bancos de traballo fixos e móbiles, ferramentas de taller variadas (como desparafusadores, alicates, limas, serras…), funxible de electrónica e ferrallería (parafusos, noces, cables, pequenos componentes electrónicos, Arduinos…), maquinaria especializada (impresoras 3D de filamento, de resina e fresadora CNC) e o equipamento de protección necesario para o seu uso.
Solicitude de acceso
Para ter acceso ao Espazo Maker, é preciso enviar unha solicitude de acceso aceptando as condicións, que inclúen o cumprimento estrito das normas de convivencia do espacio e das medidas de seguridade indicadas para cada actividade.
Unha vez enviada a solicitude, recibirás unha resposta nun prazo breve de tempo. En caso de non recibir resposta en 1-2 días (ou precisar acceso de xeito máis inmediato) escribe un correo a citius.espaciomaker@usc.es.
Normativa
Normas de convivencia
- É preciso unirse ao grupo de Telegram do Espacio Maker.
- O material e as instalacións deben utilizarse seguindo as normas de seguridade e as indicacións enlazadas nesta wiki e nos carteis dispostos no mesmo espacio de traballo.
- As ferramentas e os restos de material funxible teñen un lugar asignado que está debidamente etiquetado. Ao rematar o seu uso, debes devolvelos ao seu sitio.
- As ferramentas son para uso exclusivo dentro das instalacións do Espacio Maker. En caso de ter un bo motivo para levar algunha ferramenta, debe notificarse notificarse no tema de Telegram correspondente.
- En caso de atopar material deteriorado, fora do seu sitio ou detectar que falta, debe notificarse no tema de Telegram correspondente, con fotos en caso de ser relevante.
- As superficies de traballo deben manterse libres dentro do posible. Os usuarios do Espacio Maker poden asignarse un casilleiro no Armario de Proxectos (armario nº 3) onde deixar as súas cousas.
- É preciso facer unha reserva previa das ferramentas clasificadas como maquinaria especializada (impresoras 3D, CNC, etc.) usando a aplicación de reservas.
- Cando estea reservado o Plató Virtual, non será posible utilizar ferramentas que emitan ruído ou vibracións, e debe consultarse a descrición da reserva do Plató Virtual por se tivesen algunha necesidade especial ao respecto.
- En caso de facerse unha revisión significativa das normas de convivencia, deben volver a aceptarse.
(última actualización 30/01/2023)
Normas de seguridade
- O Espacio Maker conta con gafas de protección, roupa de traballo e guantes de seguridade de uso común, así coma guantes, protectores de pelo e calzado desvotables.
- Os usuarios e usuarias habituais do Espacio Maker poden solicitar gafas de protección, roupa de traballo ou guantes de seguridade de uso individual a citius.espaciomaker@usc.es.
- As ferramentas deben utilizarse seguindo as indicacións de seguridade do fabricante, as indicacións enlazadas nesta wiki e nos carteis dispostos no mesmo espacio de traballo.
- As ferramentas clasificadas como maquinaria especializada (impresoras 3D, CNC, etc.) requiren dunha habilitación específica antes de poder ser utilizadas, debido á complexidade no seu uso e ás súas normas de seguridade.
- En caso de facerse unha revisión significativa das normas de seguridade, deben volver a aceptarse.
(última actualización 30/01/2023)
Instalacións e material dispoñibles
Ferramentas
- Ferramentas do panel porta ferramentas
- (Chaves de parafusos, alicates, martelo, limas, etc)
Funxible de electrónica e ferrallería
Maquinaria especializada
Para empregar as seguintes máquinas, é obrigatorio ter unha formación, a cal se debe solicitar de forma especifica, ademais, débese reservar na web de reservas https://apps.citius.usc.es/reservas/Web/schedule.php?sid=7 :
- impresora 3D Makergal:
- Manual de funcionamento: (PDF en construcción)
- Normas de seguridade básicas: (PDF en construcción)
- Impresora 3D prusa:
- Manual de funcionamento básico:
- Manual de funcionamento completo: https://nextcloud.citius.usc.es/f/67202989
- Normas de seguridade básicas: (PDF en construcción)
- Impresora 3D de resina Anycubic photon mono X:
- Manual de funcionamento básico: (PDF en construcción)
- Manual de funcionamento completo: https://nextcloud.citius.usc.es/f/67202988
- Normas de seguridade básicas: (PDF en construcción)
- Fresadora CNC:
- Manual de funcionamento: (PDF en construcción)
- Manual de funcionamento completo: https://nextcloud.citius.usc.es/f/67571174
- Normas de seguridade básicas: (PDF en construcción)