centro:instalacions:laboratorios:espaciomaker

Esta é unha revisión antiga do documento!


A páxina actual está en construcción. A información aquí dispoñible non se aplica ata que desapareza este aviso. Os formularios enviados non se revisarán.

Espacio Maker

O Espacio Maker é un espazo de uso común que ten por obxectivo convertir en tanxibles ideas que requiran crear e construir obxectos físicos, coas medidas de seguridade axeitadas, facendo uso das ferramentas e os postos de traballo adaptados que se proporcionan.

Este espazo conta con varios bancos de traballo fixos e móbiles, ferramentas de taller variadas (como desparafusadores, alicates, limas, serras…), funxible de electrónica e ferrallería (parafusos, noces, cables, pequenos componentes electrónicos, Arduinos…), maquinaria especializada (impresoras 3D de filamento, de resina e fresadora CNC) e o equipamento de protección necesario para o seu uso.

Solicitude de acceso

Para ter acceso ao Espazo Maker, é preciso enviar unha solicitude de acceso aceptando as condicións, que inclúen o cumprimento estrito das normas de convivencia do espacio e das medidas de seguridade indicadas para cada actividade.

Unha vez enviada a solicitude, recibirás unha resposta nun prazo breve de tempo. En caso de non recibir resposta en 1-2 días (ou precisar acceso de xeito máis inmediato) escribe un correo a citius.espaciomaker@usc.es.

Normativa

Normas de convivencia

  1. O material e as instalacións deben utilizarse seguindo as normas de seguridade e as indicacións enlazadas nesta wiki e nos carteis dispostos no mesmo espacio de traballo.
  2. As ferramentas e os restos de material funxible teñen un lugar asignado que está debidamente etiquetado. Ao rematar o seu uso, debes devolvelos ao seu sitio.
  3. As ferramentas son para uso exclusivo dentro das instalacións do Espacio Maker. En caso de ter un bo motivo para levar algunha ferramenta, debe notificarse no tema de Telegram correspondente.
  4. En caso de atopar material deteriorado, fora do seu sitio ou detectar que falta, debe notificarse no tema de Telegram correspondente, con fotos en caso de ser relevante.
  5. As superficies de traballo deben manterse libres dentro do posible. Os usuarios do Espacio Maker poden coller un cubículo no Armario de Proxectos (armario nº 3) onde deixar as súas cousas.
  6. É preciso facer unha reserva previa das ferramentas clasificadas como maquinaria especializada (impresoras 3D, CNC, etc.) usando a aplicación de reservas.
  7. Cando estea reservado o Plató Virtual, non será posible utilizar ferramentas que emitan ruído ou vibracións, e debe consultarse a descrición da reserva do Plató Virtual por se tivesen algunha necesidade especial ao respecto.
  8. En caso de facerse unha revisión significativa das normas de convivencia, deben volver a aceptarse.

(última actualización 30/01/2023)

Normas de seguridade

  1. O Espacio Maker conta con gafas de protección, roupa de traballo e guantes de seguridade de uso común, así coma guantes, protectores de pelo e calzado desvotables.
  2. Os usuarios e usuarias habituais do Espacio Maker poden solicitar gafas de protección, roupa de traballo ou guantes de seguridade de uso individual a citius.espaciomaker@usc.es. Este material debe gardarse no Armario de Seguridade (debaixo da pantalla) debidamente etiquetado.
  3. As ferramentas deben utilizarse seguindo as indicacións de seguridade do fabricante, as indicacións enlazadas nesta wiki e nos carteis dispostos no mesmo espacio de traballo.
  4. As ferramentas clasificadas como maquinaria especializada (impresoras 3D, CNC, etc.) requiren dunha habilitación específica antes de poder ser utilizadas, debido á complexidade no seu uso e ás súas normas de seguridade.
  5. En caso de facerse unha revisión significativa das normas de seguridade, deben volver a aceptarse.

(última actualización 30/01/2023)

Instalacións e material dispoñibles

Ferramentas

Funxible de electrónica e ferrallería

  • Microcontroladores
    • Arduino UNO
    • Raspberry Pi 4
    • Raspberry Pi One
    • Outros (especificar)
  • Sensores e actuadores para Arduino e outros microcontroladores
    • Especificar
  • Servos:
    • Tower pro micro servo 9G SG90
    • Tower pro SG-5010
    • PRO MG 995 DIGI HI-SPEED
    • Outros servos soltos de diferentes tipos
  • Placas de prototipado (protoboards)
  • Cables de prototipado con conectores DuPont de varios tipos
  • Cables mini USB y micro USB
  • Displays LCD Keypad shield e outros tipos
  • Lectores de NFC para Arduino
  • Lectores de NFC de sobremesa (USB)
  • Displays de 7 segmentos
  • Pequenos componentes electrónicos variados (resistencias, condensadores, sensores, relés, diodos, transistores…)
  • Tornillería variada
  • Bridas

Maquinaria especializada

Para empregar a seguinte maquinaria especializada é obrigatorio cursar unha formación específica que debe solicitarse a través deste formulario. Para utilizalas, é preciso facer unha reserva previa na aplicación de reservas.