Estás aquí: start » centro » instalacions » laboratorios » makerlab

Maker Lab

Maker Lab

O Maker Lab é un espazo de uso común que ten por obxectivo convertir en tanxibles ideas que requiran crear e construir obxectos físicos, coas medidas de seguridade axeitadas, facendo uso das ferramentas e os postos de traballo adaptados que se proporcionan.

Este espazo conta con varios bancos de traballo fixos e móbiles, ferramentas de taller variadas (como desparafusadores, alicates, limas, serras…), funxible de electrónica e ferrallería (parafusos, noces, cables, pequenos componentes electrónicos, Arduinos…), maquinaria especializada (impresoras 3D de filamento, de resina e fresadora CNC) e o equipamento de protección necesario para o seu uso.

Solicitude de acceso

Para ter acceso ao Maker Lab, é preciso enviar unha solicitude de acceso aceptando as condicións, que inclúen o cumprimento estrito das normas de convivencia do espazo e das medidas de seguridade indicadas para cada actividade.

Normativa

Normas de convivencia

  1. É preciso unirse ao grupo de Telegram do Maker Lab para facilitar a coordinación.
  2. Só poden acceder ao espazo as persoas autorizadas. As persoas autorizadas poden consultar a listaxe completa a través do cartafol de Nextcloud.
  3. O material e as instalacións deben utilizarse seguindo as normas de seguridade e as indicacións enlazadas nesta wiki e nos carteis dispostos no mesmo espazo de traballo.
  4. As ferramentas e o material funxible teñen un lugar asignado que está debidamente etiquetado. Ao rematar o seu uso, debes devolvelos ao seu sitio.
  5. As ferramentas son para uso exclusivo dentro das instalacións do Maker Lab. En caso de ter un bo motivo para sacar de alí algunha ferramenta, debe notificarse no tema de Telegram correspondente.
  6. En caso de atopar material deteriorado, fora do seu sitio ou detectar que falta, debe notificarse no tema de Telegram correspondente, con fotos en caso de ser relevante.
  7. As superficies de traballo deben manterse libres dentro do posible. Os usuarios do Maker Lab poden asignarse un cubículo no Armario de Proxectos (armario nº 3) onde deixar as súas cousas.
  8. É preciso facer unha reserva previa das ferramentas clasificadas como maquinaria especializada (impresoras 3D, CNC, etc.) usando a aplicación de reservas.
  9. Cando estea reservado o Plató Virtual, non será posible utilizar ferramentas que emitan ruído ou vibracións, e debe consultarse a descrición da reserva do Plató Virtual por se tivesen algunha necesidade especial ao respecto.
  10. En caso de facerse unha revisión significativa das normas de convivencia, deben volver a aceptarse. Notificarase a todas as persoas interesadas con antelación suficiente.

(última actualización 15/02/2023)

Normas de seguridade

  1. O Maker Lab conta con gafas de protección, roupa de traballo e guantes de seguridade de uso común, así coma guantes, protectores de pelo e calzado desvotables.
  2. Os usuarios e usuarias habituais poden solicitar gafas de protección, roupa de traballo ou guantes de seguridade de uso individual enviando o seguinte formulario. Este material debe gardarse no Armario de Seguridade (debaixo da pantalla) debidamente etiquetado.
  3. As ferramentas deben utilizarse seguindo as indicacións de seguridade do fabricante, as indicacións enlazadas nesta wiki e nos carteis dispostos no mesmo espazo de traballo.
  4. As ferramentas clasificadas como maquinaria especializada (impresoras 3D, CNC, etc.) requiren dunha habilitación específica antes de poder ser utilizadas, debido á complexidade no seu uso e ás súas normas de seguridade. A listaxe de persoas autorizadas para o uso destas ferramentas pode ser consultada por todas as persoas con acceso a través do cartafol de Nextcloud.
  5. En caso de facerse unha revisión significativa das normas de seguridade, deben volver a aceptarse.

(última actualización 15/02/2023)

Instalacións e material dispoñibles

Ferramentas

Funxible de electrónica e ferrallería

  • Microcontroladores (Por razons de inventariado, é preciso notificar polo grupo de Telegram o emprego destes compoñentes)
    • 3 Particle Boron LTE
    • 5 ELEGOO UNO R3
    • 2 Arduino UNO
    • 2 BQ Zum BT-328
    • 2 Raspberry Pi Zero W
    • 1 Raspberry Pi4 e carcasa
    • 1 Particle PHOTON 2020
  • Sensores e actuadores para Arduino e outros microcontroladores
    • Leds de varios tipos e laser
    • Infrarojos
    • Botons e joystics
    • Ultrasonidos
    • Altofalantes, micrófonos e buzzers
    • Potenciómetros/reguladores
    • Sensores de temperatura e humidade
    • Sensores de luz
    • Drivers de motor
    • Outros sensores de diversos tipos
  • Servos:
    • Tower pro micro servo 9G SG90
    • Tower pro SG-5010
    • PRO MG 995 DIGI HI-SPEED
    • Outros servos soltos de diferentes tipos
  • Placas de prototipado (protoboards)
  • Cables de prototipado con conectores DuPont de varios tipos
  • Cables mini USB e micro USB
  • Displays LCD Keypad shield e outros tipos
  • Lectores de NFC para Arduino
  • Lectores de NFC de sobremesa (USB)
  • Displays de 7 segmentos
  • Pequenos componentes electrónicos variados (leds, resistencias, condensadores, sensores, relés, diodos, transistores…)
  • Tornillería variada
  • Bridas

Maquinaria especializada

Para empregar a seguinte maquinaria especializada é obrigatorio cursar unha formación específica para habilitación que debe solicitarse a través deste formulario. Ademáis, cada vez que se utilicen é preciso facer unha reserva previa na aplicación de reservas.

Máis información

As persoas con acceso ao Maker Lab teñen á súa disposición un cartafol compartido en Nextcloud con máis información, incluíndo manuais, arquivos adicionais e unha listaxe de todas as persoas con acceso ao espazo.