Aloxamento web

Aloxamento para páxinas web realizadas por investigadores, cubrindo as seguintes áreas:

  • Páxinas persoais, no dominio persoal.citius.usc.es
  • Páxinas de proxectos, no dominio proxectos.citius.usc.es
  • Páxinas de eventos, no dominio eventos.citius.usc.es

O servidor preprocesa o contido empregando PHP 5.3, e ten un servizo de bases de datos MySQL 5.5.

Por defecto asígnanse 100MB de espazo, pero poden solicitarse máis.

PHP está configurado coas seguintes opcións:

disable_functions = exec,passthru,shell_exec,system,proc_open,popen,curl_exec,curl_multi_exec,parse_ini_file,show_source
open_basedir = $HOME/public_html
memory_limit = 196M
post_max_size = 10M
upload_max_filesize = 10M

Están instalados Git, Grunt, Gulp e Node 4.x para facilitar os despregamentos. Se precisas a instalación dalgún software adicional, podes solicitalo.

Debe solicitarse unha nova alta por cada espazo web, mediante o formulario de peticións e incidentes. Para acceder ó formulario precisas o teu usuario e contrasinal da identificación CITIUS. Se tes problemas recordando o usuario ou o contrasinal, podes solicitar unha reactivación en citius.tic@usc.es.

No caso de que sexa unha alta para unha web de proxecto ou evento, especifica o nome que queres ter na URL. Tamén podes ter unha URL para páxina persoal distinta do teu nome de usuario, se prefires algo máis curto, coma nusuario en vez de nome.de.usuario por exemplo.

Especifica tamén se precisas máis espazo de 100MB, e se precisas bases de datos MySQL.

Recibirás os datos de conexión por correo electrónico. Se queres recuperalos, comproba primeiro se aínda conservas un correo co asunto «Alta no servizo “Aloxamento web”».

Acceso mediante FTP, SFTP, SSH

Os datos de conexión para acceder mediante FTP, SFTP ou SSH e copiar arquivos son os seguintes:

  • Servidor: 172.16.242.42 (corresponde a citius.usc.es pero si utilizas la VPN, usar el nombre puede dar problemas y es mejor usar la IP)
  • Porto para FTP: 46021
  • Porto para SFTP, SSH: 46022
  • Usuario: Segue a forma nomeespazo.subdominio. Se a túa páxina está accesible en http://eventos.citius.usc.es/waf2012 o teu nome de usuario será waf2012.eventos.
  • Contrasinal: Non se corresponde coa tua contrasinal de identificación CITIUS. Comproba o correo que recibiches ó dar de alta o espazo. Se perdes o contrasinal podes solicitar un novo no formulario de peticións e incidentes.

Podes conectar de forma gráfica mediante programas adicados ou mediante Ubuntu, accedendo a Lugares » Conectar con el servidor e introducindo os datos correctos.

Bases de datos MySQL

Ten en conta que se non solicitaches bases de datos, debes solicitalas se requires utilizalas, xa que por defecto non se crean.

As bases de datos só están accesibles dende o mesmo servidor. Os datos de acceso son os seguintes:

  • Usuario: Segue a forma nomespazo.subdominio, pero cun límite de 16 caracteres. Se o teu usuario sobrepasa os 16 caracteres, debes introducir ese número de caracteres como máximo. Por exemplo, nomeusuario.prox.
  • Contrasinal: O mesmo contrasinal que para o FTP e SSH.

Listado da páxina

A páxina principal dos tres dominios contén un listado das páxinas que se atopan dentro. Para que a tua páxina apareza listada, debe contar cun arquivo info.xml válido no directorio principal do teu espazo.

Na tua conta atoparás un arquivo info.xml.example que debes cubrir e renomear a info.xml. De todas formas, se perdes ou non atopas o arquivo, podes descargalo de aquí:

info.xml
<?xml version="1.0" encoding="UTF-8" ?>
<!-- INSTRUCCIONS: Establece correctamente os seguintes datos e renomea este arquivo a 
     info.xml para que a paxina apareza listada na paxina principal do dominio. -->
<web>
	<!-- Titulo, debe ser un nome corto de como moito 30 caracteres -->
	<titulo>Titulo</titulo>
        <!-- Subtitulo, pode ser un nome longo duns 80 caracteres -->
	<subtitulo>Subtitulo</subtitulo>
        <!-- Imaxe de fondo que aparecera no boton da paxina. Debe ser de 502px x 210px.
             A imaxe sera modificada automaticamente para adaptarse o estilo da paxina -->
	<foto>info.png</foto>
	<!-- Nome do directorio. DEBE ESTABLECERSE CORRECTAMENTE. Por exemplo, se a
             paxina esta accesible por http://proxectos.citius.usc.es/servando, neste
             valor debese poner "servando" sen comillas. -->
	<dir>directorio</dir>
	<!-- Establecer a fecha de caducidade. Tras cumprirse esta data, a web
             seguira aparecendo, pero nun listado de paxinas arquivadas mais abaixo -->
	<caducidade>2020-01-01</caducidade>
</web>

Permiso de escritura do servidor web

O servidor execútase cun usuario que pertence ó mesmo grupo principal dos usuarios do aloxamento. Por defecto, o grupo non ten permiso de escritura, polo que se desexas que o servidor web poida escribir nalgunha localización, terás que darlle permiso de escritura ó grupo de forma manual. Wordpress fai unha detección incorrecta e non deixa actualizar nin instalar novos plugins, pero pódese amañar manualmente o problema.