Editar esta páxina Ligazóns con isto Export to PDF ODT export Táboa de Contidos Acceso aos servizos do CESGA Servizos dispoñibles Alta de usuario Acceso aos servizos do CESGA O CiTIUS non oferta estes servizos, só facilita información sobre o proceso de alta para os investigadores do centro. Servizos dispoñibles FinisTerrae 2. Sistema de computación baseado en procesadores Intel Haswell, con 306 nodos de cómputo “thin”, 4 nodos con GPUs e 2 nodos con 2 nodos con Xeon Phi. Máis servizos Alta de usuario 1. Accede ó formulario de altas. 2. Cubre os teus datos de nome, apelidos, DNI, teléfono e área principal de investigación. Especifica tamén os seguintes datos: Institución: Universidade de Santiago de Compostela Centro: CITIUS Departamento: CITIUS Responsable departamento/grupo: Paulo Félix Lamas Dirección: Rúa Jenaro de la Fuente s/n 3. Le as condicións de uso e envía o formulario. 4. Recibirás un primeiro correo electrónico cunha ligazón de confirmación. Debes premer nela. 5. Despois duns minutos, recibirás un segundo correo cun formulario en PDF. Debes imprimilo, firmalo e levalo á secretaría do CiTIUS. A secretaría encargarase da firma do responsable e de envialo ó CESGA. 6. Despois duns poucos días, recibirás o teu usuario e contrasinal, normalmente por unha chamada de teléfono. 7. Ao tempo, recibirás un correo electrónico cunha carta de benvida que invita a facer un primeiro inicio de sesión e completar un formulario de xeito obrigatorio. 8. Tras enviar o formulario, recibirás un novo correo electrónico en poucas horas confirmando que a conta está activa. 9. Entra por SSH a ft2.cesga.es. Por exemplo: ssh usccixxx@ft2.cesga.es. Unha vez dentro, debes cambiar o contrasinal. 10. Unha vez cambiado o contrasinal, xa podes logearte sen problemas no portal de usuarios. centro/servizos/cesga.txt Última modificación: 2017/12/22 11:59por diego.cougil