Estás aquí: start » centro » servizos » cesga

Acceso aos servizos do CESGA

Acceso aos servizos do CESGA

O CiTIUS non oferta estes servizos, só facilita información sobre o proceso de alta para os investigadores do centro.

Servizos dispoñibles

Alta de usuario

1. Accede ó formulario de altas.

2. Cubre os teus datos de nome, apelidos, DNI, teléfono e área principal de investigación. Especifica tamén os seguintes datos:

  • Institución: Universidade de Santiago de Compostela
  • Centro: CITIUS
  • Departamento: CITIUS
  • Responsable departamento/grupo: Senén Barro Ameneiro
  • Dirección: Rúa Jenaro de la Fuente s/n

3. Le as condicións de uso e envía o formulario.

4. Recibirás un primeiro correo electrónico cunha ligazón de confirmación. Debes premer nela.

5. Despois duns minutos, recibirás un segundo correo cun formulario en PDF. Debes imprimilo, firmalo e levalo á secretaría do CiTIUS. A secretaría encargarase da firma do responsable e de envialo ó CESGA.

6. Despois duns poucos días, recibirás o teu usuario e contrasinal, normalmente por unha chamada de teléfono.

7. Ao tempo, recibirás un correo electrónico cunha carta de benvida que invita a facer un primeiro inicio de sesión e completar un formulario de xeito obrigatorio.

8. Tras enviar o formulario, recibirás un novo correo electrónico en poucas horas confirmando que a conta está activa.

9. Entra por SSH a ft3.cesga.es. Por exemplo: ssh usccixxx@ft3.cesga.es. Unha vez dentro, debes cambiar o contrasinal.

10. Unha vez cambiado o contrasinal, xa podes logearte sen problemas no portal de usuarios.