Esta é unha revisión antiga do documento!


Compartición de arquivos grandes por web

Almacenamento de arquivos para compartir a través da web con persoal do centro ou con colaboradores externos.

A ferramenta permite a usuarios do centro subir arquivos de ata 400MB de tamaño durante un tempo indefinido. Outras persoas poden descargar o arquivo usando unha dirección web que se obtén no momento de subir o arquivo. Os arquivos poden protexerse cun captcha (recomendado) e con contrasinal.

A alta no servizo é automática para todos os usuarios do centro. Se tes problemas recordando o usuario ou o contrasinal, podes solicitar unha reactivación en citius.tic@usc.es.

  • centro/servizos/comparticion_de_arquivos_grandes_por_web.1360241039.txt.gz
  • Última modificación: 2013/03/14 10:18
  • (edición externa)