Editar esta páxina Ligazóns con isto Export to PDF ODT export Táboa de Contidos Escritorio remoto Descrición do servizo Manual de usuario Escritorio remoto Descrición do servizo Servizo de escritorio remoto para a Ubuntu CITIUS. Este servizo ten a vantaxe de que pode ser lanzado en calquera momento incluso mediante conexións SSH á máquina, e sen ter iniciado sesión gráfica previamente. Manual de usuario Para activar o escritorio remoto, abre un terminal ou conecta por ssh á máquina, e escribe o comando escritorio-remoto. Verás o seguinte por pantalla: $ escritorio-remoto VNC Server started on DISPLAY :0, TCP port 5900. You may connect now to 172.16.xxx.yyy:5900 with any VNC client. The session will expire after 60 seconds. A partires dese momento, xa podes conectar á IP e porto indicados con calquera cliente de VNC, coma por exemplo Remmina. Unha vez conectado, verás pola consola o seguinte e recuperarás o control do terminal: Incoming connection from 172.16.xxx.yyy. For security reasons, the server won't listen for incoming connections anymore. If you want to connect later, run «escritorio-remoto» again. Go to http://wiki.citius.usc.es/centro:servizos:escritorio-remoto for details. Tal e como comenta, o servidor só escoita pola primeira conexión, e se queres volver conectar deberás volver lanzalo. Como o servidor funciona sen contrasinal, a operación normal será: conectarse por ssh, executar escritorio-remoto e despois conectarse inmediatamente cun cliente de VNC. Ten en conta que o primeiro que se conecte unha vez lanzado o servidor terá o control da máquina. Se non está a túa sesión gráfica aberta, non hai problema porque a conexión leva á pantalla de login. Se está a túa sesión gráfica aberta, sempre podes cortar as conexións en curso matando o proceso x11vnc, por exemplo co comando killall x11vnc. Despois de 60 segundos sen ningunha conexión, o servidor de VNC rematará e deberás volver lanzalo. centro/servizos/escritorio-remoto.txt Última modificación: 2017/12/21 10:38por diego.cougil