Esta páxina é só de lectura. Podes ver o código fonte, mais non podes mudala. Coméntallo ao teu administrador se consideras que é un erro. ====== Escritorio remoto ====== ===== Descrición do servizo ===== Servizo de escritorio remoto para a Ubuntu CITIUS. Este servizo ten a vantaxe de que pode ser lanzado en calquera momento incluso mediante conexións SSH á máquina, e sen ter iniciado sesión gráfica previamente. ===== Manual de usuario ===== Para activar o escritorio remoto, abre un terminal ou conecta por ssh á máquina, e escribe o comando ''escritorio-remoto''. Verás o seguinte por pantalla: <code bash> $ escritorio-remoto VNC Server started on DISPLAY :0, TCP port 5900. You may connect now to 172.16.xxx.yyy:5900 with any VNC client. The session will expire after 60 seconds. </code> A partires dese momento, xa podes conectar á IP e porto indicados con calquera cliente de VNC, coma por exemplo [[http://remmina.sourceforge.net/|Remmina]]. Unha vez conectado, verás pola consola o seguinte e recuperarás o control do terminal: <code bash> Incoming connection from 172.16.xxx.yyy. For security reasons, the server won't listen for incoming connections anymore. If you want to connect later, run «escritorio-remoto» again. Go to http://wiki.citius.usc.es/centro:servizos:escritorio-remoto for details. </code> Tal e como comenta, o servidor só escoita pola primeira conexión, e se queres volver conectar deberás volver lanzalo. Como o servidor funciona sen contrasinal, a operación normal será: conectarse por ssh, executar ''escritorio-remoto'' e despois conectarse inmediatamente cun cliente de VNC. Ten en conta que o primeiro que se conecte unha vez lanzado o servidor terá o control da máquina. Se non está a túa sesión gráfica aberta, non hai problema porque a conexión leva á pantalla de login. Se está a túa sesión gráfica aberta, sempre podes cortar as conexións en curso matando o proceso ''x11vnc'', por exemplo co comando ''killall x11vnc''. Despois de 60 segundos sen ningunha conexión, o servidor de VNC rematará e deberás volver lanzalo. ==== Conectarse sen ter a sesión iniciada ==== En caso de non ter unha sesión gráfica iniciada, mostrarase en remoto un login gráfico. Tras facer login, débese pechar o escritorio remoto e lanzar o comando ''escritorio-remoto'' unha segunda vez, o que dará acceso agora si á sesión do usuario.