Estás aquí: start » centro » servizos » espazo_na_wiki

Espazo na wiki

Esta é unha revisión antiga do documento!


Espazo na wiki

Espazo na wiki dirixido a grupos de traballo de persoal do centro. Os espazos permiten a creación dun número indefinido de páxinas a partires dun espazo de nomes, do seguinte xeito:

  • http://wiki.citius.usc.es/nomedoespazo
  • http://wiki.citius.usc.es/nomedoespazo:subpaxina
  • http://wiki.citius.usc.es/nomedoespazo:subpaxina:outra_subpaxina

Estas páxinas poden ser de acceso público ou ter o acceso restrinxido segundo se requira.

Alta no servizo

Calquera investigador do centro pode solicitar a creación dun novo espazo na wiki mediante o formulario de peticións e incidentes. Débese especificar o nome para o espazo da wiki, que só pode conter letras minúsculas, números e algúns símbolos, pero non espazos.

Manual de usuario

Permisos de acceso

Os permiso de acceso poden xestionarse directamente a través da wiki. Por defecto só os pode modificar a persoa que solicitou a wiki. Se se desexa que alguén máis poida modificalos, débese solicitar.

Espazo ACL: Onde se gardan os permisos

O espazo acl é un espazo especial da wiki que garda os permisos de acceso, que sempre son públicos (isto quere dicir que calquera pode ver quen ten acceso a unha wiki).

Os permisos do espazo nomedoespazo gárdanse en acl:nomedoespazo:start. Polo tanto, para modificar os permisos de http://wiki.citius.usc.es/nomedoespazo debes acceder a http://wiki.citius.usc.es/acl:nomedoespazo:start.

Tamén se poden especificar permisos para páxinas concretas, por exemplo, os permisos da páxina nomedoespazo:exemplo gárdanse en acl:nomedoespazo:exemplo. Se no canto dunha páxina é un subespazo, débese engadir :start ó final.

Como especificar os permisos

Por defecto, se non se especifica ningún permiso, todas as páxinas son públicas (todo o mundo pode ler o contido) e non editables. Ó crear unha nova wiki, o administrador establece permisos de edición para a persoa que o solicite e segue as indicacións do solicitante para establecer permisos adicionais.

Os permisos especifícanse un por liña, do seguinte xeito:

X:nome.de.usuario
  • Sendo X unha letra que representa o permiso: Ningún, lectura(R), Edición, escritura(W)1).
  • O nome.de.usuario pode ser un nome de usuario ou os nomes dos grupos @ALL ou @user, que repesentan a todos os usuarios e ós usuarios identificados, respectivamente.

Cando os permisos procésanse correctamente, aparecen recollidos dentro dun recadro gris. Se algún permiso non se procesa correctamente, aparece fóra do recadro gris.

Exemplo

Os seguintes permisos só deixan acceder ós usuarios rexistrados con permiso de lectura, e só poden escribir nel os usuarios usuario.un e usuario.dous. O usuario usuario.tres non pode acceder.

N:@ALL
R:@user
W:usuario.un
W:usuario.dous
N:usuario.tres
1)
Edición non pode crear e borrar páxinas, mentres que escritura sí