Amosar a fonte da páxinaRevisións antigasLigazóns con istoODT exportComezo da páxina Share via Share via... Twitter LinkedIn Facebook Pinterest Telegram WhatsApp Yammer Reddit TeamsTrocos recentesSend via e-MailPrintPermalink × Pasarela SSH Descrición do servizo Proporciona acceso a un equipo da rede interna do centro a través de SSH dende o exterior. Este servizo está pensado para poder acceder á rede do centro en casos onde non é posible facer uso da VPN. Alta no servizo Comproba primero no apartado Conta e Permisos de Xici se aparece xa listado o servizo Acceso ext. pasarela SSH. Nese caso, o servizo xa está activo para a túa conta. A alta debe solicitarse mediante o formulario de peticións e incidencias. Para acceder ó formulario precisas usuario e contrasinal do CiTIUS. Se tes problemas recordando o usuario ou contrasinal, podes solicitar unha reactivación en citius.tic@usc.es. Tamén debes engadir unha chave pública SSH na túa conta, no apartado «Biografía e outros datos» de Xici, xa que só se acepta autenticación mediante chave SSH. Para xerar as chaves, dende unha terminal executa: ssh-keygen -t rsa Introduce un contrasinal para protexer as túas chaves. Isto xerará os arquivos ~/.ssh/id_rsa (a chave privada) e ~/.ssh/id_rsa.pub (a chave pública). Esta última é a que debes introducir en Xici. Manual de usuario Datos de conexión Servidor: 193.144.78.45 Porto: 22 Usuario: O teu usuario do CiTIUS Conexión simple dende GNU/Linux Para conectar, podes facer uso do comando SSH. Opcionalmente, podes especificar a localización da chave privada, se non se atopa na sua localización por defecto. ssh -i ~/.ssh/id_rsa nome.usuario@193.144.78.45 Unha vez conectado, podes conectarte a outros equipos do centro, por exemplo ó teu equipo de traballo. Recorda que podes acendelo (e apagalo) facendo uso do servizo de acendido e apagado remoto. Conexión simple dende Windows Podes utilizar o programa PuTTY, facendo uso dos mesmos datos facilitados arriba. Para conectar, é preciso converter previamente a chave privada do formato SSH ó formato de PuTTY. Podes facelo con PuTTYgen que podes atopar na mesma páxina de PuTTY. Para facelo: Accede ó menú Conversions » Import key. Localiza a chave privada en formato SSH (o nome por defecto é id_rsa). Introduce a chave de paso, se a tivese. Preme no botón Save private key e selecciona un lugar onde gardar o arquivo .ppk xerado. Unha vez teñas o arquivo con extensión ppk, podes usalo no campo Private key file tanto de PuTTY coma de WinSCP. Conexión a un servizo facendo un túnel SSH Podes usar a pasarela SSH para acceder a un servizo do CITIUS, mapeando os portos necesarios da máquina que ofrece o servizo a túa máquina local. Por exemplo, podes acceder ó almacenamento a través de SSH se mapeas así o servizo: ssh -i ~/.ssh/id_rsa nome.usuario@193.144.78.45 -L 8000:172.16.242.41:22 Unha vez conectado, podes acceder ós arquivos a través de SSH na dirección 127.0.0.1:8000. Deste mesmo xeito podes acceder a outros servizos. Tamén se pode facer dende Windows, a través do programa WinSCP. Para facelo, debes premer en Advanced options e cubrir os datos de conexión no panel Tunnel. centro/servizos/pasarela_ssh.txt Última modificación: 2023/04/24 13:45por jorge.suarez