Préstamo de material informático e portátiles

Esta é unha revisión antiga do documento!


Préstamo de material informático e portátiles

Descrición do servizo

Empréstamo de material ós investigadores do CiTIUS, durante un periodo temporal de non máis de dúas semanas (aínda que se aplican excepcións por estadías).

Préstamo do material

Os portátiles deben reservarse usando a aplicación de reservas antes de poder collelos. Unha vez reservados, poden recollerse no laboratorio das unidades de apoio, na pranta baixa.

O resto do material apúntase nun listado cando se recolle, tamén no mesmo laboratorio.

Os prestamos son temporais. No caso dos portátiles a duración máxima do empréstito é de 90 días.

Inventario do material

Este inventario está incompleto. Temos varios aparellos USB de almacenamento, conectores, etc. Podes preguntar se precisas algo que non aparece aquí.

Pequeno material informático

Nome Descrición Fotografía
Base de discos duros Base para conectar discos duros SATA a través de USB. Soporta USB3. ASCII���User comments
Lector de tarxetas de memoria Lector de tarxetas USB 2.0. Soporta miniSD, SD/MMC, CF/MD, MicroSD, MMCmicro, M2, MS/DUO ASCII���User comments
Lector de DNI electrónico Lector de DNI electrónico USB. Soportado en GNU/Linux. Notas sobre o DNIe na Ubuntu CITIUS 14.04 ASCII���User comments
Gravadora de DVD externa Gravadora de DVD externa, alimentada por 2 USB.
Tarxeta wifi externa Tarxeta wifi USB. Funciona con Ubuntu a partir da versión 12.04.
Tarxeta de rede USB Tarxeta de rede USB de Linksys
Micrófono USB Micrófono USB de Logitech
Cascos e altofalantes Cascos con micrófono y altofalantes externos

Portátiles

Nome Descrición Fotografía
Portátil Lenovo 14“ con Ubuntu Modelo Thinkpad 540s, con Ubuntu 18.04. Inclúe cargador e funda.
Portátil Lenovo 14” con Windows 10 Modelo Thinkpad 540s, con Windows 10. Inclúe cargador e funda.
Portátil Dell 13“ con Ubuntu Modelo Latitude E6330, con Ubuntu 16.04. Inclúe cargador e funda.
Portátil Dell 13” con Windows 10 Modelo Latitude E6430 con Windows 10. Inclúe cargador e funda.
Tablet BQ Aquaris E10 con Android 4.4 Inclúe cargador e funda con tapa.