Estás aquí: start » centro » servizos » proxy_web

Redireccionamentos Web / Reverse Proxy para WebApps

Esta é unha revisión antiga do documento!


Proxy web

En construcción

Descrición do servizo

Redireccións web mediante proxy inverso que permiten acceder dende fora do centro a aplicacións, en entorno de probas ou de producción, que estean instaladas en servidores da rede do centro.

Alta no servizo

Debe solicitarse unha nova alta por cada redirección, mediante o formulario de peticións e incidentes. Para acceder ó formulario precisas o teu usuario e contrasinal da identificación CITIUS. Se tes problemas recordando o usuario ou o contrasinal, podes solicitar unha reactivación en citius.tic@usc.es.

Non olvides especificar:

  • A URL completa de acceso dende dentro do centro.
  • Se desexas acceso HTTP, HTTPS ou ambos.
  • O dominio de acceso, que pode ser demos.citius.usc.es ou tec.citius.usc.es.
  • A ruta completa de acceso, que pode ser igual ou diferente á de dentro do centro.
  • Se precisas algunha característica especial (arquivos grandes, timeouts elevados, spdy, websockets, etc.).
  • Data de expiración (se a tivera, se non é así darase por suposto un ano)

Recibirás a confirmación da alta por correo electrónico. Pasada a data de expiración, o persoal de administración porase en contacto de novo contigo para saber se debe renovar a redirección por máis tempo ou borrala.