Sistema operativo Ubuntu 12.04 CITIUS

Instalación, mantemento e soporte técnico dun sistema operativo Ubuntu 12.04 modificado polo CITIUS.

Pode solicitarse a instalación do sistema en calquera equipo conectado á rede de datos do centro a través do formulario de incidencias.

Aspecto visual personalizado coa imaxe corporativa do CITIUS

Inclue un fondo de escritorio e un tema visual para a pantalla de arranque.

Actualización automática de software

O software instalado actualízase automaticamente de forma silenciosa ó arrancar o equipo, como máximo unha vez á semana. En calquera momento podes forzar unha actualización do sistema co comando aptdcon --safe-upgrade.

Instalación de software adicional

Pódese instalar software adicional sen intervención dun administrador a través do Centro de Software de Ubuntu ou da ferramenta de liña de comandos aptdcon. Máis abaixo atoparás unha guía rápida de aptdcon.

O software descárgase e instálase dun repositorio situado no CITIUS, no que se fai un filtrado de tipo lista branca. Isto quere dicir que non todo o software que aparece no Centro de Software de Ubuntu está dispoñible para instalar de forma directa. O software que non teña un botón de Instalar aínda non foi aprobado, e debe solicitarse a súa aprobación a través do formulario de incidencias.

Algún software especial non integrado co sistema de paquetes de Ubuntu pódese instalar igualmente sen intervención dun administrador. Polo de agora o único software dispoñible por esta vía é:

  • Matlab R2012a
  • Matlab R2011a
  • Maple 16
  • WFDB 32 bits (inclúe WAVE)

Para instalalos, busca o instalador en Unity.

O software non dispoñible por ningunha destas vías debe solicitarse a través do formulario de incidencias.

Integración coa infraestrutura do centro

O login no sistema faise coa conta do CITIUS.

Os datos da sesión almacénanse no espazo persoal do almacenamento compartido mediante NFS montado en /home/remoto. Este almacenamento tamén está accesible a través de SSH e SMB/CIFS. Os usuarios tamén contan cun directorio local en /home/local onde almacenar máis datos, pero sen copias de seguridade. Os directorios de proxectos tamén se montan automáticamente en /home/proyectos.

Soporte técnico

Podes solicitar axuda ou soporte a través do formulario de incidencias ou, de forma excepcional para casos urxentes, no teléfono 16409.

Guía rápida de aptdcon

Este programa permite instalar paquetes dispoñibles no repositorio. Antes de comezar, actualiza o listado de paquetes dispoñibles co seguinte comando:

aptdcon -c

Precisas saber o nome do paquete que queres instalar. Podes buscalo coa ferramenta apt-cache se non estás seguro. Por exemplo, se queres buscar dropbox, debes executar:

apt-cache search dropbox

Vemos que o nome do paquete é dropbox. Para instalalo pois, só resta executar:

aptdcon -i dropbox

Se ves este mensaxe de erro:

ERROR: org.debian.apt.TransactionFailed - error-cache-broken:  Os seguintes paquetes teñen dependencias incumpridas:

Proba a facer:

aptdcon --fix-depends

e logo volve a intentalo.

Sincronización do home remoto

O home remoto non se almacena directamente no espazo persoal do almacenamento compartido, senon que se almacena en local, e un script encárgase de realizar a sincronización co almacenamento compartido.

Todo o home remoto almacénase no subdirectorio linux-home do almacenamento compartido. Tamén se crea un arquivo chamado .linux-home_synchistory para informar dende que equipos se fixo sincronización e cando.

A sincronización realízase de forma bloqueante ó iniciar e pechar sesión gráfica, e tamén de fondo e con baixa prioridade durante a sesión, cada 30 minutos. O estado desta sincronización pode consultarse co icono indicador do panel superior. Tamén se pode configurar o comportamento da sincronización de fondo.

Ó iniciar e pechar sesión por consola ou SSH, tamén se pode facer a sincronización, pero neste caso non se fai de fondo, e debe lanzarse manualmente co comando sincronizar-home-remoto.sh.

Se nunca sincronizaches o home remoto nun equipo, tanto se entras nunha sesión gráfica coma por SSH ou consola, o sistema preguntará se queres sincronizar o home, ou queres montalo directamente facendo un enlace. Esta pregunta repetirase sempre nese equipo, a non ser que elixas a opción de sincronizar. Se queres iniciar sesión noutro equipo momentáneamente, é máis rápida a opción de enlazar.

Ten en conta que sincronizar o home remoto en varios equipos tendo aberta a sesión nesos equipos ó mesmo tempo pode producir resultados impredecibles. Cara o servidor sempre se sincronizará a versión máis nova dun arquivo, e se modificas un arquivo nun dos equipos e tamén noutro, gañará o que teña a data máis recente.

Despois de estar 6 meses sen iniciar sesión nun equipo, o home remoto bórrase dese equipo, e para volver a utilizalo deberás sincronizalo de novo dende o servidor.

Desbloqueo do Keyring de Gnome

O keyring de Gnome non se desbloquea se a sesión tarda máis de 2 minutos en abrirse, e terás que introducir o contrasinal de novo.

Como podo ver PDFs en Chromium?

Podes instalar a extensión PDF Viewer que utiliza PDF.js, o mesmo visor que utiliza Firefox.

Actualmente teño instalada a Ubuntu 10.04 e quero actualizar á Ubuntu 12.04

Avisa no teléfono 16409 (Jorge).

Como cambio o idioma da sesión?

En «Preferencias de Sistema» elixe «Idioma da sesión». Abrirase un diálogo para elixir idioma. A selección terá efecto unha vez cerres e volvas a abrir a sesión.

Está dispoñible software privativo?

Sí, aínda que a maioría non está instalado por defecto, os usuarios poden optar por instalar dende o Centro de Software Ubuntu programas solicitados anteriormente coma skype, mendeleydesktop ou spotify.

Preciso Windows para algunhas labores. Podo usar máquinas virtuais?

Sí, os sistemas contan con Virtualbox 4.2. Unha vez despregado o sistema, podes instalar sistemas virtualizados, ou solicitarnos a instalación dunha máquina con Windows XP de 32 bits, sempre que o equipo conte cunha licencia de Windows.

Non atopo cómodo Unity. Podo usar outros entornos?

Sí. Tamén está dispoñible a sesión «Gnome clásico», que é unha versión simplificada do entorno que podíades atopar en Ubuntu 10.04. Para utilizala, na pantalla de login preme no botón co logotipo de Ubuntu preto da casilla onde introduces o nome de usuario, e elixe a opción correspondente.

Tamén podes instalar máis entornos a través do Centro de Software de Ubuntu. Na data de escribir esto, están dispoñibles os seguintes entornos:

  • KDE
    • Instala o paquete escritorio-kde-minimo se só desexas un escritorio moi básico.
    • Instala o paquete escritorio-kde-basico se ademáis queres aplicacións básicas de KDE.
    • Instala o paquete escritorio-kde-completo se ademáis queres instalar todas as aplicacións de KDE dispoñibles (coidado, instala moitas aplicacións).
  • LXDE
    • Instala o paquete lxde
  • I3-WM
    • Instala os paquetes i3-wm, i3status e suckless-tools.

Ó actualizar dende 10.04, as decoracións de ventana vense extrañas e non encaixan co resto do tema visual

Ubuntu intenta recuperar a configuración visual que tiña na versión anterior, pero con algunhas cousas como as decoracións de ventana, non fai moi bo traballo. Para volver ó tema por defecto, fai clic dereito no escritorio e escolle «Cambiar fondo de pantalla». Alí, na parte inferior, selecciona un tema visual calquera (por exemplo Radiance) e logo volve a seleccionar Ambiance.

Como podo programar un apagado?

Co comando apagar-equipo pódese apagar o equipo de forma sinxela.

Podes programar o comando a unha hora determinada con cron, ou gráficamente con gnome-schedule. Instala gnome-schedule dende o Centro de Software de Ubuntu e execútao. Crea unha nova entrada recurrente, pon a orde /usr/local/bin/apagar-equipo, e elixe a hora desexada. É importante que establezas a orde coa ruta completa.

O comando só funciona se:

  • Estás logeado físicamente no mesmo equipo de forma gráfica. Nese caso, aparecerá unha ventana para confirmar e agardará 60 segundos antes de apagar.
  • Ou ben estás logeado remotamente por SSH e non hai outros usuarios logeados na máquina. Nese caso, apagará de inmediato.

Os menús de Netbeans non se ven ben

Este é un fallo coñecido de Ubuntu. Para correxilo, debes instalar un plugin de Netbeans. Vai a Tools » Plugins. Alí, na lapela Settings pulsa en Add, e engade o seguinte:

Unha vez fagas isto, na lapela «Available Plugins» instala o plugin «Java Ayatana».

O Flash deixou de funcionar / non aparece en Firefox

En algunhas ocasións, debido a que é un paquete un pouco especial, é posible que unha actualización silenciosa de Flash falle. Para tentar solucionalo, podes executar este comando nunha terminal:

  aptdcon -u flashplugin-installer

Se o problema persiste, envía unha incidencia.

Como podo crear lanzadores de aplicacións personalizados no panel ou no escritorio?

No dash de Unity, busca a aplicación Menú principal. Alí verás todos os accesos directos do sistema e os do teu usuario, por categorías.

Para crear un novo lanzador, selecciona a categoría desexada e preme en Novo elemento. Unha vez engadido, debería aparecer no dash de Unity. Arrastra entón o lanzador desde Unity ó panel ou ó escritorio se o queres poñer nalgún deses sitios.

O escritorio remoto funciona mal usando efectos de escritorio / Unity

Algúns controladores de vídeo (NVIDIA, AMD) non soportan correctamente a extensión XDAMAGE necesaria para actualizar a pantalla selectivamente e así mellorar a velocidade da conexión remota, non só non mellorando a velocidade senon espeorándoa considerablemente. Para solucionar isto, podes desactivar o uso da extensión XDAMAGE, ou ben facer uso dun escritorio sen efectos, coma Gnome Clásico (sin efectos).

Para desactivar a extensión XDAMAGE abre o dconf-editor no dash de Unity, e marca a casilla de configuración desktop » gnome » remote-desktop » disable-xdamage.

Prefiro as barras de desplazamento tradicionais, ¿como podo recuperalas?

As novas barras de desplazamento chámanse Overlay Scrollbars, e para cambialas polas tradicionais basta con eliminar o paquete overlay-scrollbar. Se máis adiante queres volver a usalas, podes volver a instalar o paquete overlay-scrollbars.

Problemas instalando o paquete rjava de R: Make sure you have Java Development Kit installed and correctly registered in R.

En lugar de instalar o paquete rjava dende R, instala o paquete r-cran-rjava con aptdcon.

Teño problemas imprimindo un documento

Algúns documentos, tras ser procesados polo lector de documentos evince, non se imprimen correctamente ou deixan a impresora atascada. Unha alternativa é utilizar o comando lp, que envía os documentos á impresora sen procesar. Por defecto, lp envía o documento á impresora da da túa planta e non imprime a doble cara.

lp -o sides=two-sided-long-edge archivo.pdf # imprime a doble cara
lp -P 12,15,17-20 archivo.pdf # imprime solamente páxinas 12,15 e 17 a 20
lp -o number-up=4 -o fit-to-page -o number-up-layout=rltb archivo.pdf # imprime 4 páxinas por folla, de arriba a abaixo e de esquerda a dereita, escalando para ocupar o máximo posible
lp -d ctprints1  archivo.pdf # Imprime na impresora do semisótano
lpstat -a # ver a lista de impresoras dispoñibles

As opcións poden combinarse. Por exemplo, para imprimir a doble cara na impresora a color de secretaría, só as páxinas 7 e 8 dun documento:

lp -d ctprint03 -P 7,8 -o sides=two-sided-long-edge archivo.pdf

Como podo instalar paquetes de Latex adicionais?

O LaTeX empaquetado para Ubuntu 12.04 non conta coa ferramenta ltmgr que se utiliza para instalar paquetes. Pero pode facerse manualmente. Por exemplo, para instalar pgfgantt:

mkdir -p ~/texmf/tex/latex
cd texmf/tex/latex/
wget http://mirrors.ctan.org/graphics/pgf/contrib/pgfgantt.zip
unzip pgfgantt.zip
rm pgfgantt.zip
cd pgfgantt/
latex pgfgantt.ins
latex pgfgantt.dtx
mktexlsr

Despois desto, xa podes utilizar o paquete pgfgantt con normalidade. Se prefires utilizar ltmgr debes actualizar a Ubuntu 14.04.