Amosar a fonte da páxinaRevisións antigasLigazóns con istoExport to PDFODT exportComezo da páxina Share via Share via... Twitter LinkedIn Facebook Pinterest Telegram WhatsApp Yammer Reddit TeamsTrocos recentesSend via e-MailPrintPermalink × Sistema operativo Ubuntu 18.04 CiTIUS Instalación, mantemento e soporte técnico dun sistema operativo Ubuntu 18.04 modificado polos técnicos do CiTIUS. Notificacións e comunicación entre usuarios Para comunicar problemas, dúbidas ou facer suxestións, empregarase a canle #ubuntu1804 do Slack do CiTIUS. O sistema dispón dun applet de notificacións para novidades sobre software, actualizacións, etc. Software dispoñible O sistema conta con varios repositorios adicionais aos da Ubuntu 18.04, co seguinte software xa instalado por defecto: Java 8 de Oracle Telegram Skype Virtualbox 5.2 Xpra Software adicional Podes solicitar a instalación de software adicional ou axuda para instalar software adicional á Unidade de Xestión de Infraestruturas TIC, pero tamén podes facelo por ti mesmo se queres. OneDrive Podes configurar o acceso ao espazo de OneDrive da universidade de maneira sinxela executando o comando onedrive-setup e seguindo as instruccións. A configuración montará o teu directorio de OneDrive na carpeta OneDrive dentro do teu directorio home ao iniciar sesión. Nota: O configurador onedrive-setup substituirá calquera configuración de rclone chamada OneDrive, polo que se xa estás a usar rclone recomendamos a configuración manual con rclone config. NVIDIA CUDA Antes de instalar a derradeira versión de CUDA, comproba que a túa gráfica sexa compatible. Se non, pode que precises instalar unha versión anterior. Segue os pasos descritos en https://developer.nvidia.com/cuda-downloads (Elixe Linux → x86_64 → Ubuntu → 18.04 → deb (network)). Recorda engadir estas liñas a o teu ~/.bashrc (só para o teu usuario) ou nun arquivo global chamado por exemplo /etc/profile.d/cuda.sh: export PATH=/usr/local/cuda/bin${PATH:+:${PATH}} export LD_LIBRARY_PATH=/usr/local/cuda/lib64${LD_LIBRARY_PATH:+:${LD_LIBRARY_PATH}} Tras facer estes pasos, deberás reiniciar o sistema. Se tes problemas, pide axuda. Matlab Para instalar a versión R2018a, executa install-matlab_R2018a.sh nunha terminal, ou elixe a opción Instalación de Matlab 2018a no lanzador de aplicacións. Docker Seguir as instruccións para a instalación de docker-ce da documentación de Docker. Adobe Reader 9 Non se recomenda utilizar Adobe Reader en Linux, xa que non está mantido dende 2012. Aínda así, se é preciso utilizalo, pódese instalar seguindo estas instrucións: # Add Precise partner repository and install adobereader-enu sudo add-apt-repository "deb http://archive.canonical.com/ precise partner" sudo apt-get update sudo apt install adobereader-enu # Remove Precise partner repository for safety sudo add-apt-repository -r "deb http://archive.canonical.com/ precise partner" sudo apt update # Install optional but recommended packages sudo apt-get install gtk2-engines-murrine:i386 libcanberra-gtk-module:i386 libatk-adaptor:i386 libgail-common:i386 Por defecto, Adobe Reader 9 non asocia os arquivos PDF e para poder usalo debes primeiro abrir o Adobe Reader e logo abrir o arquivo desexado. Adobe Acrobat X Pro Seguir as instruccións de instalación de Wine 4.0: curl https://dl.winehq.org/wine-builds/winehq.key | sudo apt-key add - sudo apt-add-repository 'deb https://dl.winehq.org/wine-builds/ubuntu/ bionic main' sudo apt install winehq-stable Instalar winetricks para xestionar de forma sinxela os perfís de wine seguindo as instruccións da páxina de Winetricks: sudo wget https://raw.githubusercontent.com/Winetricks/winetricks/master/src/winetricks -O /usr/local/bin/winetricks sudo chmod +x /usr/local/bin/winetricks Iniciar un perfil de wine para o Adobe Acrobat, para impedir que outras aplicacións de Wine interfiran e configuralo a Windows XP (evita problemas de suavizado de fontes): winetricks arch=32 prefix=acrobat WINEPREFIX=~/.local/share/wineprefixes/acrobat winetricks winxp Descargar o Acrobar X Pro. Descomprimir e iniciar a instalación: download-acrobatXpro.sh # script que debería estar no PATH tar xvf acrobatxpro-spanish.tar cd acrobatxpro-spanish WINEPREFIX=~/.local/share/wineprefixes/acrobat wine Setup.exe A instalación dura uns segundos e non xenera ningunha ventá. Tras uns 10-30 segundos remata a instalación e pode atoparse o Adobe Acrobat X Pro no menú de aplicacións. Problemas coñecidos centro/servizos/ubuntu_18.04_citius.txt Última modificación: 2019/02/26 14:11por jorge.suarez