Instalación

  1. Instala a aplicación OpenVPN Connect, que podes atopar en Google Play.
  2. Descarga o arquivo vpn-UDP4-1194-config.ovpn no dispositivo Android.
  3. Arrinca a aplicación OpenVPN Connect e selecciona OVPN Profile para importar un arquivo ovpn. No navegador de arquivos que se abre, atopa e selecciona o arquivo vpn-UDP4-1194-config.ovpn.
  4. Introduce o teu usuario do CiTIUS e o contrasinal1). Preme en Conectar.
  5. Recibirás unha advertencia sobre o uso desta VPN e a posibilidade de que a aplicación intercepte todas as comunicacións, que debes aceptar.
  6. Unha vez feito, a aplicación conectarase á VPN.

Conectarse e desconectarse da VPN

  1. Abre a aplicación OpenVPN Connect e preme no botón Conectar ou Desconectar. Pode que volvas recibir a advertencia sobre a posibilidade de que a aplicación intercepte as comunicacións se reinicias ou apagas o dispositivo.

1)
Se gardas o contrasinal, deberás por obriga ter un patrón de desbloqueo ou outro método alternativo de bloquear o terminal. Se non queres ter que activar esta ocpión, non gardes o contrasinal
  • centro/servizos/vpn/android.txt
  • Última modificación: 2018/03/13 10:29
  • por jorge.suarez