Estás aquí: start » centro » servizos » vpn » android

Manual da VPN para Android 4.x e superior

Esta é unha revisión antiga do documento!


Manual da VPN para Android 4.x

Instalación

  1. Instala a aplicación OpenVPN Connect, que podes atopar en Google Play (polo de agora, non se publica por outros medios de maneira oficial aínda que é relativamente doado atopala).

  1. Envía ó dispositivo o contido do arquivo vpn-citius-22.zip que recibiches por correo electrónico. Verás un arquivo con extensión p12, outro key e outro ovpn. É necesario que os tres estén gardados no mesmo directorio.
  2. Arrinca a aplicación OpenVPN Connect, e selecciona Import » Import profile from SD Card. No navegador de arquivos que se abre, atopa e selecciona o arquivo coa extensión ovpn.
  3. A aplicación tentará atopar o certificado. Debes seleccionar a única opción que debería aparecer, e premer en Permitir.
  4. Introduce o teu usuario do CiTIUS e o contrasinal. Pulsa en Conectar.
  5. Recibirás unha advertencia sobre o uso desta VPN e a posibilidade de que a aplicación intercepte todas as comunicacións, que debes aceptar.
  6. Unha vez feito, a aplicación conectarase automáticamente.

Conectarse e desconectarse da VPN

  1. Abre a aplicación OpenVPN Connect e pulsar no botón Conectar ou Desconectar.