centro:servizos:vpn:android

Esta é unha revisión antiga do documento!


  1. Instala a aplicación OpenVPN Connect, que podes atopar en Google Play (polo de agora, non se publica por outros medios de maneira oficial aínda que é relativamente doado atopala).
  2. Se recibiches o arquivo vpn-udp-22-nome.de.usuario-config.ovpn (non o que se atopa dentro dun zip, senón o arquivo solto) basta con enviar este arquivo ao dispositivo.
  3. Alternativamente, se non tes ese arquivo, envía ao dispositivo todo o contido do arquivo vpn-udp-22-nome.de.usuario-config.zip que recibiches por correo electrónico. Verás un arquivo con extensión p12, outro key e outro ovpn. É preciso que os tres estean gardados no mesmo directorio.
  4. Arrinca a aplicación OpenVPN Connect e selecciona Import » Import profile from SD Card. No navegador de arquivos que se abre, atopa e selecciona o arquivo coa extensión ovpn que corresponda.
  5. A aplicación tentará atopar a certificación. Debes seleccionar a única opción que debería aparecer e premer en Permitir.
  6. Introduce o teu usuario do CiTIUS e o contrasinal. Preme en Conectar.
  7. Recibirás unha advertencia sobre o uso desta VPN e a posibilidade de que a aplicación intercepte todas as comunicacións, que debes aceptar.
  8. Unha vez feito, a aplicación conectarase automáticamente.
  1. Abre a aplicación OpenVPN Connect e preme no botón Conectar ou Desconectar. Pode que volvas a recibir a advertencia sobre a posibilidade de que a aplicación intercepte as comunicacións se reinicias ou apagas o dispositivo.
  • centro/servizos/vpn/android.1507277579.txt.gz
  • Última modificación: 2017/10/06 10:12
  • por diego.cougil