Esta é unha revisión antiga do documento!


Instalación

  1. Instala a aplicación OpenVPN Connect, que podes atopar en Google Play.
  2. Descarga o arquivo vpn-UDP4-1194-config.ovpn no dispositivo Android.
  3. Arrinca a aplicación OpenVPN Connect e selecciona Import » Import profile from SD Card. No navegador de arquivos que se abre, atopa e selecciona o arquivo vpn-UDP4-1194-config.ovpn.
  4. A aplicación tentará atopar a certificación. Debes seleccionar a única opción que debería aparecer e premer en Permitir.
  5. Introduce o teu usuario do CiTIUS e o contrasinal. Preme en Conectar.
  6. Recibirás unha advertencia sobre o uso desta VPN e a posibilidade de que a aplicación intercepte todas as comunicacións, que debes aceptar.
  7. Unha vez feito, a aplicación conectarase automáticamente.

Conectarse e desconectarse da VPN

  1. Abre a aplicación OpenVPN Connect e preme no botón Conectar ou Desconectar. Pode que volvas recibir a advertencia sobre a posibilidade de que a aplicación intercepte as comunicacións se reinicias ou apagas o dispositivo.
  • centro/servizos/vpn/android.1518625034.txt.gz
  • Última modificación: 2018/02/14 17:17
  • por jorge.suarez