Instalación

  1. Instala OpenVPN 2.4 ou superior seguindo as instrucións da túa distribución. Alternativamente, podes descargar o paquete fonte e compilalo.
  2. Descomprime o arquivo vpn-UDP4-1194-config.zip.
    cd ~/Downloads
    unzip vpn-UDP4-1194-config.zip

Conectarse e desconectarse da VPN

  1. Situarse no directorio onde descomprimiches o arquivo.
    cd ~/Downloads/vpn-UDP4-1194
  2. Executar openvpn con permisos de administrador. Dependendo da configuración do sistema, pode que precises utilizar sudo ou su.
    sudo openvpn vpn-UDP4-1194.ovpn
    su
    openvpn vpn-UDP4-1194.ovpn
  3. Para desconectarse, premer Control+C.
  • centro/servizos/vpn/linux.txt
  • Última modificación: 2018/03/20 16:20
  • por jorge.suarez