Estás aquí: start » centro » servizos » vpn » ubuntu18

centro:servizos:vpn:ubuntu18

Esta é unha revisión antiga do documento!


Manual da VPN para Ubuntu 18.04

Instalación

1. Descarga o arquivo vpn-UDP4-1194-config.zip. Normalmente poderás atopalo no directorio VPN Files en Nextcloud unha vez teñas activo o servizo.

2. Na tenda de aplicacións, busca o GNOME Control Center e activa o add-on VPN Client. Alternativamente, podes instalar o paquete network-manager-openvpn-gnome co teu xestor de paquetes preferido.

3. Vai ás opcións de rede premento en VPN Settings no menú da barra superior, ou a través do centro de control.

4. Preme no botón de engadir unha VPN.

5. Na nova ventá, preme en «Importar dende arquivo…». Neste punto debe aparecer a opción de OpenVPN. Se non aparece, é que non está instalado ben o add-on VPN Client (primer paso).

6. Elixe o arquivo vpn-UDP4-1194-config.ovpn ou ben descomprime o vpn-UDP4-1194-config.zip nun directorio e elixe o arquivo vpn-UDP4-1194.ovpn que atoparás dentro.

7. Pon o teu nome de usuario e contrasinal do CiTIUS.

8. Na pestaña IPv4, marca a casilla «Usar só para recursos nesta rede», ou non poderás navegar por Internet con normalidade.

Conectarse e desconectarse da VPN

Activa a VPN dende o menú da barra superior, ou pulsando no switch correspondente das opcións de rede como se mostra na imaxe.