Editar esta páxina Ligazóns con isto Export to PDF ODT export Táboa de Contidos Manual da VPN para Windows 7 e Windows 10 Instalación Conectarse e desconectarse da VPN Manual da VPN para Windows 7 e Windows 10 Instalación Descarga o arquivo openvpn-vpn-UDP4-1194-install-2.4.4-I601.exe e segue o proceso de instalación. Conectarse e desconectarse da VPN En Windows 7, é importante lanzar OpenVPN GUI coma un usuario administrador. Se lanzas OpenVPN GUI coma un usuario, non se poderán establecer as rutas e a VPN non funcionará. En Windows 7, lanza o programa OpenVPN GUI coma un usuario administrador (non é preciso en Windows 10). Unha vez lanzado, atoparás unha nova icona na bandexa de sistema para o OpenVPN. A icona vermella indica que non estás conectado. Para conectarte, preme co botón dereito na icona de OpenVPN, escolle a rede ( normalmente vpn-citius pero o nome pode variar), e preme Conectar. A continuación aparecerá un cadro de diálogo no que debes poñer o usuario do CiTIUS e o contrasinal. Para desconectarte, volve premer co botón dereito na icona de OpenVPN, escolle a conexión correspondente e preme Desconectar: centro/servizos/vpn/windows.txt Última modificación: 2018/02/14 16:50por jorge.suarez