Esta páxina é só de lectura. Podes ver o código fonte, mais non podes mudala. Coméntallo ao teu administrador se consideras que é un erro. O CiTUS dispón dunha licenza da ferramenta de Vixianza Tecnolóxica desenvolta pola empresa [[https://www.linknovate.com/|Linknovate]]. Esta ferramenta é extremadamente potente e ten dúas funcionalidades principais: * **Desenvolver análises de vixianza tecnolóxica**. Por medio da análise de proxectos financiados, organizacións, publicacións, novas, patentes, etc. * **Xeneración de alertas personalizadas**. Que permiten configurar a recepción de informes periódicos asociados a tópicos de interese. A Unidade KMT do CiTIUS (<citius.kmt@usc.es>) proporciona os seguintes servizos asociados ao desenvolvemento de informes de vixianza: * **Asesoramento no uso da Plataforma**. Que pode ser solicitado por investigadores vinculados e/ou en formación. Contactando coa unidade KMT proporcionarase acceso á licenza aos investigadores interesados. * **Desenvolvemento de informes ad-hoc para proxectos estratéxicos**.