Estás aquí: start » centro » servizos » cloud

Cloudstack

Cloudstack

Este servicio ha alcanzado el fin de vida útil. A partir del 31 de mayo de 2021 no será posible crear nuevas máquinas virtuales. En su lugar, se puede utilizar el Cloud de servidores virtuais (VPS) - CiTIUS VPS

Antes de comezar

Algunhas consideracións importantes antes de utilizar o cloud. Leas con detemento.

  • Se se trata dunha máquina para pór en produción, debes creala dentro dun proxecto para que máis persoas poidan xestionalas cando ti non esteas. As máquinas que pertenzan a usuarios caducados que non estean en proxectos eliminaranse.
  • Se se trata dunha máquina para pór en produción e queres que sexa accesible desde o exterior, debes solicitar unha redirección no proxy web. No caso de que a máquina non estea nun proxecto, tan só poderá solicitarse por seis meses non prorrogables.
  • Os usuarios e contrasinais por defecto das máquinas virtuais pódelas atopar na páxina do listaxe de plantillas. Cámbiaas en canto sexa posible para evitar que outros entren ás túas máquinas.
  • Non se realizan copias de seguridade das máquinas de forma automática. Podes solicitar copias periódicas (mensualmente) das máquinas pero require o apagado da máquina durante a copia. Tes máis detalles no último apartado desta mesma páxina.
  • Dende a actualización de agosto de 2017, é posible redimensionar os discos ou seleccionar un tamaño personalizado para o disco root á hora de crear a máquina virtual. Se cobres este campo ou aumentas o tamaño do disco máis adiante, precisarás estender as particións ao espazo libre existente1)2).
  • Se usas discos de datos adicionais, precisarás formatalos e engadilos ao sistema manualmente. Os discos non veñen preformatados.

Consellos importantes

  • A consola web é bastante lenta, pero funciona mellor en Google Chrome que en Firefox. Recomendamos usar a consola web só para temas de recuperación e primeiras configuracións. No seu lugar, configura o acceso remoto a través de RDP no caso de Windows e SSH ou VNC no caso de Linux.
  • Algunhas imaxes de Linux (confirmado que ocorre na Ubuntu Server 14.04 (Outdated)) poden quedar sen espazo en /boot despois duns meses funcionando, ao ter as actualizacións automáticas activadas e non eliminar os kernels antigos. Vixía o espazo libre en /boot e, no caso de precisar asistencia para solucionar este problema, avísanos. Este fallo pode facer que as máquinas mesmo deixen de arrincar baixo circunstancias normais, aínda que é un problema que se pode solucionar.

Envío de correos electrónicos

Dende as máquinas virtuais pódense realizar envíos de correos electrónicos usando o SMTP da universidade, pero para iso é obrigatorio dar de alta a máquina virtual como servidor rexistrado na universidade. Fala coa Unidade de Xestión de Infraestruturas TIC (citius.tic@usc.es) para máis detalles.

Desaconsellamos encarecidamente empregar servidores SMTP externos como Gmail en contornas de produción.

Descrición do servizo

Apache Cloudstack é un software de código aberto deseñado para implantar e xestionar grandes redes de máquinas virtuais como plataforma de computación na nube con alta dispoñibilidade e escalabilidade de tipo Infraestrutura como Servizo. Isto permite aos investigadores do CiTIUS a creación e administración de máquinas e redes virtuais de maneira autónoma. Máis información na páxina do proxecto Cloudstack .

Alta e acceso

É preciso solicitar a activación do servizo a través do formulario de incidencias antes de acceder por primeira vez.

O acceso realízase mediante http://cloudstack.citius.usc.es/. En caso de ter problemas accedendo a través da VPN, tamén se pode empregar esta dirección: http://172.16.242.200/client/. As credenciais de acceso son as mesmas que para todos os servizos do CITIUS. O dominio debe deixarse co valor por defecto, usuarios.

Unha vez identificado, accédese á páxina principal da interface de Cloudstack:

Para saír hai que seleccionar a opción de Logout na parte superior dereita no menú despregable do noso nome de usuario. Pechar sesión globalmente no dominio non afecta á sesión de CloudStack.

Tarefas comúns

Guía de uso responsable

Os recursos do cloud son limitados. Por favor, bota unha ollada á guía de uso responsable antes de comezar.

Básicas

Avanzadas

Manual de usuario

Copias de seguridade

Non se realizan copias de seguridade das máquinas virtuais creadas con CloudStack de xeito automático, polo que aconsellamos tomar as medidas de precaución oportunas en función da natureza da máquina creada.

Si é posible realizar copias de seguridade das máquinas de forma mensual. Para isto, deben solicitarse a través do formulario de incidencias indicando, para cada máquina:

  • O nome da máquina da que se desexa realizar a copia.
  • O día do mes en que se desexa facer a copia, se hai algunha preferencia.

Antes de iniciar a copia, a máquina apagarase se estaba acendida. E, se o estaba, ao rematar volverase a acender. A copia realizarase de madrugada, entre as 3:00 e as 7:00 (a hora exacta estará suxeita á cantidade de traballo pendente). A duración da copia depende do tamaño dos discos e adoita levar entre 10 e 30 minutos. Ten en conta que os servizos requiridos da máquina deben lanzarse automaticamente ao comezo do sistema para que quede todo ben iniciado unha vez termine a copia.

Estas copias só poderanse utilizar en caso de desastre (corrupción da máquina virtual, etc.) pero non son en ningún caso unha copia de primeiro acceso.

1)
como alternativa, poderías estender as particións empregando un novo disco como se facía antes
2)
Se empregas a plantilla de Windows XP, precisas instalar os drivers de Virtio